Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Últimos días para solicitar o Bono Cultura Xove
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Últimos días para solicitar o Bono Cultura Xove

S. P.
Publicado: 26/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

trama_isabel_rodriguez_20230926_bonoculturalxove.jpgNa mañá deste martes 26 de setembro a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lembraba á mocidade lucense nada no 2005, que o sábado día 30 de setembro é o último día para solicitar o Bono Cultura Xove, unha axuda de 400 euros que volve ofrecer o Ministerio de Cultura e Deporte para os mozos e mozas de 18 anos, cun investimento total de 9.259.600 euros para financiar este plan.
Asemade, tamén subliñou que esa mesma data (30 de setembro), será o último día no que os participantes do bono cultural teñan dispoñible a cantidade para gastar.
Isabel Rodríguez, acompañada do concelleiro de Mocidade e Deportes, Jorge Bustos, e as xerentes da libraría lucense Trama, Rosa Suárez e Begoña Cuba, reuníronse para analizar e valorar o acollemento desta iniciativa na súa última semana para os beneficiarios do 2022 e que agora comeza para os do 2023.
Así, desde o 2022, preto do 50% da mocidade da provincia solicitou a axuda, realizando máis de 4.100 operacións por valor de 163.507 euros. Este mes, os primeiros 5.000 mozos e mozas de toda España xa comezaron a recibir as tarxetas, tanto virtuais como físicas, que lles permitirán facer uso da axuda deste 2023.
Engadir que en Lugo, hai máis de 20 establecementos adheridos e as entidades que queiran adherirse aínda están a tempo, o 30 de setembro finaliza tamén para eles o prazo para inscribirse e pódeno facer na ligazón específica habilitada.
As persoas interesadas precisan identificarse dixitalmente a través de Cl@ve ou co Certificado dixital. Poden realizar o trámite persoalmente ou a través da representación dun adulto, para o que é preciso achegar o formulario de representación descargable na páxina web, correctamente asinado polo beneficiario e representante. Unha vez concedida a axuda, o importe total abónase nun único pago, en formato de tarxeta prepago virtual nominal que está vixente durante os doce meses vindeiros á concesión. A tarxeta é persoal e intransferible.
O bono divídese en tres apartados:
– 200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais.
– 100 euros para produtos culturais en soporte físico (libros, revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras, discos, CD, DVD ou Blu-ray).
– 100 euros para consumo dixital ou en liña no que entran subscricións e alugueiros a plataformas virtuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?