Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant aplica Intelixencia Artificial na mellora da fertilidade ovina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant aplica Intelixencia Artificial na mellora da fertilidade ovina

S. P.
Publicado: 28/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ovella-3.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant, referente en tecnoloxías de telecomunicación con potencial para as empresas, vén de empregar a Intelixencia Artificial (IA) de cara a mellora na fertilidade aplicada ás gandarías ovinas. Máis polo miúdo, mediante o grupo de traballo GC4SHEEP recompílanse, de maneira conxunta e nunha plataforma federada segura, datos de cada unha das razas para o desenvolvemento de modelos preditivos, permitindo a análise de solucións innovadoras para mellorar a fertilidade por inseminación artificial e aumentar así a rendibilidade das explotacións.
Así, a proposta de Gradiant, como parte do grupo de traballo GC4SHEEP que permite aplicar IA para a mellora da fertilidade das gandarías ovinas leiteiras, ten un dobre obxectivo: incrementar a rendibilidade a través dunha transformación baseada no dato e a posta en común da información con innovacións en mellora da fertilidade.
O sector ovino de leite e as súas asociacións levaban anos recompilando datos relacionados coas diferentes razas que supoñen unha fonte moi valiosa de información, pero que ata agora non compartían entre si. GC4SHEEP permite crear unha plataforma federada segura “dotada de Intelixencia Artificial” que facilita a posta en común da información para o desenvolvemento de modelos preditivos cos que as asociacións gandeiras ovinas poden tomar decisións e actuar con maior celeridade.
Joaquín Lago de Gradiant sinala que “as novas tecnoloxías de tratamento de datos acompañadas de Intelixencia Artificial permitirán aos propietarios das explotacións gandeiras traballar de xeito coordinado para identificar patróns e solucións en eidos como o da fertilidade en inseminación artificial tendo en conta factores como a xenealoxía, a alimentación ou a análise do leite, entre outros”.
A iniciativa está liderada por OVIGEN, Centro de Selección e Mellora Xenética de ovino e caprino de Castela e León, e conta na agrupación con tres asociacións que representan case a totalidade do ovino a nivel nacional (ASSAFE, AGRAMA e CONFELAC).
Indo á idea en cuestión,trátase dunha análise de solucións innovadoras para mellorar a fertilidade. A través das tecnoloxías desenvolvidas por Gradiant, pódense extraer datos de interese vinculados á análise dos ritmos de saltos dos machos, de maneira que se poida saber cal é o ritmo máis axeitado para manter a produción de doses seminais de mellor calidade.
Grazas á plataforma de información compartida entre razas, tamén se poden pór en común puntos fundamentais como a selección de sementais en relación con estudos de morfoloxía, tamaño testicular ou calidade do seme.
Os desenvolvementos de Gradiant baseados en Intelixencia Artificial, permiten ademais estudar datos relacionados coas racións alimentarias nas femias, para definir o plan óptimo para o desenvolvemento fisiolóxico da ubre e, no caso dos machos, avaliar o efecto da dieta no seu perfil como sementais.
Noutra liña, empregaranse os datos de análises MIR (Metodoloxía de Infravermello medio) dos compoñentes do leite para determinar correlacións con outros parámetros que inflúen na fertilidade, así como a condición corporal das femias a inseminar, co obxectivo de avaliar os resultados reprodutivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?