Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG, novo socio colaborador do IA Contest Song
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG, novo socio colaborador do IA Contest Song

S. P.
Publicado: 28/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ai_contest_song_2023.jpgO festival IA Contest Song, a Eurovisión internacional da Intelixencia Artificial, conta formalmemente cun novo apoio dende a nosa terra: o apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), que se suma á listaxe de socios colaboradores de ste novo evento artístico-tecnolóxico mundial. Nado en 2020. A cita será este 4 de novembro na Cidade das TIC (a antiga Fábrica de Armas da Coruña).
AI Song Contest é un concurso musical aberto á experimentación, á combinación de distintas ferramentas (de código aberto e propio) novas técnicas e uso de datos de maneira creativa durante o proceso de composición.
Entre o público asistente e un xurado de profesionais da industria musical e da IA valorarase a calidade das obras presentadas e a innovación na interacción entre humanos e Intelixencia Artificial.
Os equipos poden estar conformados por músicos, investigadores, produtores musicais, científicos de datos, desenvolvedores ou calquera outro perfil que axude a crear novos contidos a través da Intelixencia Artificial.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia – CPETIG, no seu labor de apoio e dinamización deste sector e dos seus profesionais, convértese neste 2023 en socio colaborador desta iniciativa internacional.
A competidora galega: Florespiña
A nosa terra concorrerá no certame coa canción Florespiña, a través da cal o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC recreou a voz da cantante galega Ana Kiro, falecida en 2010. Kiro representará a Galicia co equipo PAMP! logo do importante traballo despregado por un grupo multidisciplinar de doce persoas artistas, enxeñeiras, investigadoras e músicas galegas que conseguiu a segunda posición con AI-Lalelo o ano pasado neste festival.
Segundo sinalaron, o tema Florespiña rende homenaxe á intérprete cunha viaxe musical do pasado ao futuro, incluído unha nova versión dela no metaverso, “co obxectivo de inmortalizar e resignificar o seu legado ás novas xeracións empregando a intelixencia artificial”, apuntan dende o equipo, liderado polo director creativo Joel Cava, responsable da delegación galega e produtor executivo da edición 2023.
A proposta, que conta coa aprobación expresa e o recoñecemento da famila de Ana Kiro, comeza cun recitado da artista que regresa tras trece anos de ausencia polo seu pasamento. Pódese escoitar nas principais plataformas de música en streaming, por exemplo en YouTube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?