Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DIXITEGA comeza este outono a creación e testeo dunha plataforma ao servizo da Tenreira Galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DIXITEGA comeza este outono a creación e testeo dunha plataforma ao servizo da Tenreira Galega

S. P.
Publicado: 02/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

godixitega-2.jpgA cadea de valor de IGP Tenreira Galega confirmou a necesidade de contar “cunha plataforma TIC sólida e flexible”. Fíxoo nun estudo pormenorizado sobre as súas necesidades. O resultado será unha ferramenta avanzada que comezará a corpo este outono, segundo informou DIXITEGA.
A devandita é unha das principais conclusións do proceso participativo realizado polo Grupo Operativo DIXITEGA para impulsar a dixitalización do sector. Durante este proceso consultouse a súa opinión a unha mostra de responsables da produción, fabricantes de penso, industria cárnica, distribución ou entidades de asesoramento. A maiores, a Indicación Xeográfica Protexida compartiu unha enquisa en liña entre os seus máis de 2.000 asociados para recoller as súas impresións sobre temas estratéxicos.
Segundo explican dende DIXITEGA, a análise das respostas determinou varios dos aspectos críticos que deben impulsar o éxito do sector de IGP Tenreira Galega. Neste sentido, os consultados destacaron a necesidade de contar “cunha plataforma TIC de datos sólida e flexible que combine fontes de datos nacionais e internacionais”. En base a isto, a recepción positiva da plataforma e o seu valor potencial para mellorar a eficiencia do sector “debería impulsar un maior desenvolvemento”, sinalan desde a Fundación Juana de Vega, entidade coordinadora do Grupo Operativo Dixitega e responsable do proceso de participación.
A consulta, entre outras cousas, constatou que existe un interese común de información especializada como, por exemplo, o desenvolvemento dun sistema preditivo para estimar o subministro de carne e animais no mercado para os meses seguintes.
Ademais, os entrevistados na investigación suxiren utilizar a plataforma como medio de comunicación para difundir eventos, subvencións, lexislación, alertas sanitarias ou promover actividades de capacitación.
Tras este traballo previo, este outono dará comezo a terceira fase de traballo para crear e testear a plataforma tecnolóxica DIXITEGA, que será presentada a finais de 2024. O obxectivo final desta ferramenta TIC será “facilitar o acceso e manexo conxunto de fontes públicas e privadas relevantes para a cadea de valor da IGP dunha forma concisa, contrastada e visual que mellore a toma de decisións”.
En paralelo ao desenvolvemento da aplicación, organizaranse xornadas de formación para aprender a usar a plataforma, consolidar o seu uso entre os socios e mostrar como trasladar novos datos que a manteñan actualizada.
DIXITEGA conta cun orzamento de 176.329,19€ financiado pola Consellería do Medio Rural a través do Plan de Desenvolvemento Rural. Ademais da Fundación Juana de Vega (coordinadora), participan a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, o Consello Regulador das IGPs de Carne de Vacún de Galicia, AGRIGGA Carne SCG e a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant). As entidades colaboradoras son o CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo), ACRUGA e DIH Datalife.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?