Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedro Blanco cualifica o MUNCYT da Coruña de excelente escaparate para a ciencia española
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pedro Blanco cualifica o MUNCYT da Coruña de excelente escaparate para a ciencia española

S. P.
Publicado: 02/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pedro_blanco_muncyt.jpgO delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, visitou a sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) acompañado do seu director, Fernando Luís Fontes. Alí puxo en valor “a contribución deste museo á divulgación científica en Galicia”, con máis de 55.000 visitantes anuais dos que o 40% corresponden a centros escolares de toda a comunidade. Pedro Blanco cualificou o museo como “un excelente escaparate para a ciencia española”, ademais dunha “magnífica ferramenta didáctica” para promover o coñecemento científico e tecnolóxico na nosa sociedade.
O delegado enxalzou as 600 pezas que se expoñen na sede coruñesa do MUNCYT (entre as que destaca a cabina e unha turbina do Boeing 747 Jumbo “Lope de Vega” ou a lanterna da Torre de Hércules) e longa listaxe de actividades complementarias ás exposicións, todas elas gratuítas, como conferencias, actividades lúdico-científicas, obradoiros didácticos, a colaboración na formación do profesorado de ciencias, e publicación de catálogos e obras de divulgación, entre outras.
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, MUNCYT, creouse o 30 de xuño de 1980. Está adscrito á Secretaría Xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación. A sede da Coruña inaugurouse en maio de 2012. Situouse no edificio Prisma de Cristal, construído pola Deputación da Coruña. Ademais da sede en Galicia, o MUNCYT conta con outra sede expositiva en Alcobendas (Madrid) e un centro de documentación en Madrid-Delicias.
O MUNCYT desenvolve unha serie de propostas divulgativas ao redor da colección do museo e en relación con diferentes áreas científicas e tecnolóxicas. Actualmente pódese visitar a exposición temporal Os labirintos do cerebro na que se explica o funcionamento do cerebro e profundando na investigación neurocientífica. Ademais, cada semana organízanse obradoiros familiares, conferencias, charlas, xogos de pistas e eventos como concertos.
Esta fin de semana o MUNCYT celebrou a Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que ten lugar anualmente en varias cidades europeas o último venres de setembro. O MUNCYT da Coruña sumouse a esta conmemoración con distintos talleres e charlas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?