Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago lanza o ciclo de actividades formativas Compostela Móvese 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago lanza o ciclo de actividades formativas Compostela Móvese 2023

S. P.
Publicado: 03/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

compostela_movese.jpgO vindeiro 9 de outubro arranca en Santiago un ciclo de accións formativas dirixido a empresas e profesionais da área empresarial de Santiago para mellorar a súas competencias en ámbitos como a dixitalización, a mercadotecnia ou a xestión de persoal, entre outros ámbitos. Impulsado pola Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago, o programa Compostela Móvese 2023 ofertará un total de 58 cursos tanto en modalidade presencial como teleformación.
En palabras do Concello, o obxectivo principal deste programa de dinamización económica é “mellorar o grao de coñecemento, emendado eivas e ofrecendo actualizacións en materias útiles para os procesos de xestión empresarial e laboral”. Para isto, a Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades formativas, adaptadas ás necesidades e características da área empresarial de Santiago de Compostela coa que mellorar a súa competitividade. O prazo de inscrición nas actividades está aberto. Estas accións, engade o Concello, están “especialmente dirixidas ao persoal directivo, de xerencia, propietarias/os e persoal laboral de empresas que teñan a súa sede e un centro de actividade no termo municipal de Santiago de Compostela”. Tamén poderán participar tanto persoas en activo como en situación de desemprego, e, segundo lembra o Executivo compostelán, non suporán ningún custe para as persoas participantes.
As actividades están agrupadas en 6 grandes áreas temáticas e inclúen cursos de teleformación de 15 horas de duración, pílulas autoformativas de 4 horas de duración e na modalidade en liña, obradoiros prácticos e encontros informais na modalidade presencial. En total 418 horas e 58 accións.
As 58 accións están divididas en 6 grandes áreas formativas:
– Xestión empresarial: actualización lexislativa e dixitalización (13 accións)
– Xestión económico-financieira an empresa (8 accións)
– Comercialización e mercadotecnia (marketing) (12 accións)
– Incorporación da perspectiva de xénero na empresa (10 accións)
– Xestión de persoas (11 accións)
– Patrimonio cultural galego e economía prateada como novas oportunidades de mercado (4 accións)
Na web de Compostela Móvese 2023 pódese consultar a información e facer as inscricións nestas accións formativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?