Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Urban Solutions reúne centos de técnicos municipais interesados en coñecer os novos modelos de cidades intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Urban Solutions reúne centos de técnicos municipais interesados en coñecer os novos modelos de cidades intelixentes

S. P.
Publicado: 04/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

inauguracionurbansolutions.jpgA segunda edición do Simposium Urban Solutions abriu as súas portas este mércores 4 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago. Na cita participarán (ata este venres 6) máis de 400 persoas, entre elas, unha manchea de técnicos municipais interesados en coñecer os novos modelos de cidades intelixentes e ver como poden aplicar as novidades que se presentan no congreso. Así o explicou esta mañá Roberto Carlos González, director do Simposium Urban Solutions, durante o acto de inauguración do evento.
“Duplicamos as cifras con respecto á primeira edición tanto en público asistente como en empresas patrocinadoras e entidades colaboradoras ás que agradecemos a súa implicación neste Simposium, converténdoo nun evento de referencia sobre as cidades do futuro”, agradeceu Roberto Carlos González, quen insistiu en que “o obxectivo principal deste evento é crear un punto de encontro que faga converxer a empresas, profesionais e institucións de diversos sectores que están moi relacionados no deseño e planificación dunha urbe. Queremos achegar o coñecemento dos profesionais que se encargarán de definir e crear unha urbe eficiente, intelixente, conectada, accesible e innovadora para os cidadáns”.
inauguracionurbansolutions2.jpg A segunda edición de Urban Solutions está organizada pola Agrupación Industrial de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL). O seu presidente, José Ramón Franco, destacou “a importancia da transición enerxética nas cidades” e puxo en valor o papel de CLUERGAL como “organización de referencia no sector enerxético galego, cun carácter multisectorial e cunha importante capacidade para xerar riqueza no territorio neste proceso de transición enerxética que vivimos”.
Se a enerxía e a mobilidade protagonizaron as tres primeiras sesións do Simposium Urban Solutions, a cidade será a total protagonista das tres sesións do xoves: parques urbanos, infraestruturas e sustentabilidade. Así, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) presentará a súa unidade móbil para Urban Air Mobility, unha nova mobilidade baseada nun transporte intelixente con sistemas aéreos non tripulados. Isto, sinalan dende a organización, “abre a posibilidade a múltiples operacións nun futuro próximo relacionadas con vixilancia, seguridade ou emerxencias, transporte de órganos entre hospitais, a entrega de pequenas mercadorías ou mesmo o transporte de persoas con aerotaxis non tripulados, como os que xa vimos voar en Galicia (sen persoas dentro) o pasado ano”. Na zona expositiva de Urban Solutions contarase coa presenza da unidade móbil do ITG para o control de operacións ao longo de todo o xoves e, ás 19.00 horas, realizarase unha presentación aos asistentes do Simposium.
inauguracionurbansolutionscluergal3.jpgEn canto aos relatorios, arrincarán ás 9.00 horas co apartado Parques urbanos. A sesión será moderada por Pedro Calaza, presidente da Asociación Española de Parques e Xardíns Públicos, quen ás 10.30 horas dirixirá a mesa de debate A paisaxe urbana como recurso de deseño das cidades. Durante esta sesión debaterase sobre a evolución e mantemento dos parques infantís e presentarase o mulch como unha superficie de absorción de impactos alternativo ao caucho actual. Ás 14.00 horas celebrarase a entrega dos II Premios Parques Urbanos.
Anteriormente, ás 12.00 horas, Carlos Lefler Gullón, xefe da área de Planificación e Programación da Xunta, moderará a sesión Cidades: infraestruturas. Nela expoñeranse como cumprir os obxectivos da Axenda 2030 a través dun eco deseño urbano, debaterase sobre o papel das infraestruturas no novo modelo de cidade e a problemática das verteduras industriais na rede de colectores urbanos.
Finalmente, de 16.30 a 19.00 horas desenvolverase a sesión Cidades. Sustentabilidade, como unha mesa de debate moderada por Ana Botas, xerente de Viratec; e coa participación de Óscar Rodríguez Gutiérrez, conselleiro delegado de Espina.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?