Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Mesa lanza campaña para esixir máis presenza do galego nos contidos infantís: Xabarín Xa!
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Mesa lanza campaña para esixir máis presenza do galego nos contidos infantís: Xabarín Xa!

S. P.
Publicado: 05/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xabarin_xa_a_mesa.jpgMalia que pasaron máis de dous anos dos acordos de maio de 2021, cando se conseguiu a unanimidade no Parlamento para garantir programación infantil e xuvenil en galego nas televisións públicas, seguimos á espera de poder contar cunha presenza minimamente visible da nosa lingua nos servizos de comunicación audiovisual, nas plataformas de streaming e nas aplicacións. É por iso que A Mesa lanzou unha campaña para esixir o cumprimento do dito acordo e a posta en marcha de ferramentas e iniciativas que aseguren produtos audiovisuais de calidade en galego: a campaña Xabarín Xa!. Segundo lembra A Mesa, a presenza do galego na comunicación audiovisual, a nivel de contidos para a nenez e a mocidade, é ben limitada: 3% na TVG, 0,83% na TDT e operadoras, 0% en TVE e por volta do 1,5% nas plataformas dixitais.
Este foi o motivo que levou hai 3 anos á Mesa pola Normalización a lanzar a Iniciativa Xabarín que con máis de 33.000 sinaturas certificadas conseguiu finalmente a unanimidade do Parlamento galego. “Desde maio de 2021 estamos a espera de que se cumpra o acordo unánime do Parlamento galego e a nova lexislación estatal para garantir programación infantil e xuvenil en galego nas televisións públicas”, sinala a plataforma, engadindo que o feito de “que as crianzas galegas podan contar con produtos audiovisuais de calidade en galego é unha necesidade que aínda se torna maior se observarmos que 24% de menores de 15 anos din non saber expresarse no noso idioma”. Por iso, apuntan, “comezamos de novo a Iniciativa Xabarín, cunha reivindicación fundamental: que se cumpra o acordo unánime do Parlamento galego e se faga cumprir a lexislación estatal”.
Estes son os puntos da campaña:
-“Que a Corporación de Radio Televisión de Galicia aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade a través do reforzo e a promoción das catro canles dixitais Xabarín coas que conta a CRTVG. O sinal destas canles sería distribuído a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, ADSL e tecnoloxía móbil, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como aplicacións actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega”.
-“Reclamar do Goberno de España que, dentro do marco das súas competencias, promova as medidas precisas para que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego, nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa aplicación”.
-“Instar o Goberno español a impulsar o cumprimento do contido dos artigos do anteproxecto de lei xeral de comunicación audiovisual onde se recolle a pluralidade lingüística como principio básico, e que a nova lei recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda”.
-“Así mesmo, o Parlamento insta o Goberno galego a chegar a acordos con outras administracións e empresas co fin de garantir a opción dobrada e lexendada a galego en todas as plataformas dixitais de televisión, así como a impulsar o avance das accións necesarias para a recepción mutua TVG-RTP en Galiza e Portugal, segundo o recollido na Carta Europea de Linguas Rexionais ou minoritarias, tendo en conta as súas condicionantes técnicas e económicas para o tecido produtivo e publicitario, e da simetría no alcance de audiencias”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?