Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Académicos e profesionais debaten en Pontevedra sobre como construír un videoxogo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Académicos e profesionais debaten en Pontevedra sobre como construír un videoxogo

S. P.
Publicado: 05/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_povideoxogos1-2.jpgOs métodos e ferramentas dos que podemos botar man para construír un videoxogo, poñendo o foco en como argallar unhas boas narrativa e estética, en sintonía e equilibrio, centran estes días un seminario no Campus de Pontevedra (xoves e venres), na Facultade de Comunicación, coa participación dunha trintena de expertos e profesionais da industria.
Organizado polo grupo de investigación V-NPC (Videoxogos, Narrativa, Persuasión e Comunicación) e a asociación de investigadores Digra Spain, coa colaboración da facultade, o Consello Social da Universidade de Vigo e a editorial Icono14, o seminario Deseño da narrativa nos videoxogos a través das mecánicas e a estética desenvólvese nun formato híbrido, combinando as intervencións presenciais e virtuais, e co obxectivo “de buscar unha conexión entre academia e industria”, como sinalou a responsable do comité organizador, a profesora Beatriz Legerén. A profesora explicou que “a idea deste seminario é falar daquelas cuestións que normalmente non se tratan á hora de falar de narrativa e videoxogo”. Ese sería o caso de aspectos fundamentais como por exemplo a parte estética, na que se inclúe tanto a parte gráfica como a sonora, e tamén as partes mecánicas, “xa que un xogo ten que ter uns obxectivos, unha economía e unhas condicións de vitoria”, explicou a tamén coordinadora do grupo V-NPC na inauguración.
O seminario arrancou este xoves cunha xornada adicada á estética dos videoxogos, que abriu unha conferencia da “figura de referencia nos estudos de videoxogos en España”, o investigador da Universitat Pompeu Fabra, Antón Planells, quen afondou nas “narrativas hexemónicas e marxinais” neste tipo de producións e reflexionou respecto da existencia de “argumentos universais”. Tamén este xoves, o foro acolleu unha mesa de debate sobre a creación de personaxes, escenarios e interfaces gráficas e outra sobre o uso de sons, música e locución.
Este venres 6 de outubro o seminario porá o foco nas mecánicas, cunha mesa de debate na que participarán, entre outros, o deseñador gamer de Tequila Works Michael Santorum e outra sobre como os elementos narrativos son percibidos polas persoas xogadoras, para pecharse coa posta en común dos resultados obtidos polos grupos de traballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?