Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar e Ecomar traballarán para sensibilizar aos adolescentes na importancia de coidar o mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar e Ecomar traballarán para sensibilizar aos adolescentes na importancia de coidar o mar

S. P.
Publicado: 05/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ecomar.jpgMovistar e a Fundación Ecomar xuntaron forzas para promover a mocidade o coidado dos mares e do medio ambiente. Farano a través do programa educativo ApS Ecomar: Navegando por Mares de Conciencia e Saúde. A operadora encargouse de desenvolver unha plataforma adaptada aos contidos educativos impartidos e será a provedora das instalacións, as licenzas e o mantemento desta ferramenta de aprendizaxe cun enfoque eminentemente dixital.
Segundo explica a empresa de telecomunicacións, a plataforma de estudos online utiliza a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo (ApS), que permite aos estudantes aprender e contribuír á sociedade de maneira simultánea. Para iso, integra a aprendizaxe de contidos, habilidades, valores e o servizo á comunidade nun mesmo proxecto educativo.
Os principais obxectivos do proxecto son: fomentar a concienciación sobre a saúde do corpo e do planeta, promover a participación en accións sociais, desenvolver o liderado ambiental e ofrecer experiencias de educación ambiental prácticas máis aló da aula.
Os estudantes que participen non só adquirirán coñecementos sobre o medio ambiente e a sustentabilidade, senón que tamén poderán converterse en cidadáns activos e conscientes da súa contorna, comprometidos coa preservación dos nosos mares e cun estilo de vida con hábitos máis sustentables.
O proxecto piloto de ApS Ecomar levouse a cabo no centro escolar Lestonnac, en Barcelona, durante o ano 2022, cun “importante éxito en materia de participación e resultados”, informou Movistar, engadindo que nesta iniciativa, 90 estudantes de Educación Secundaria participaron activamente, creando camiño para a difusión e réplica do proxecto a novos centros escolares, públicos e privados, así como outras institucións educativas.
O programa está deseñado principalmente para estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria. No próximo mes, máis de 1.000 adolescentes poderán comezar a utilizar esta ferramenta educativa.
ApS Ecomar preséntase como unha actividade curricular integral que forma parte do programa anual dos centros educativos. Cunha duración aproximada de 20 horas de contidos, divídese en dous bloques un que aborda temas clave como o proxecto en si mesmo, a importancia da natureza e os nosos océanos, a pegada de carbono, a economía circular, a sustentabilidade, a contaminación ambiental e o autocoidado; e outro con carácter práctico, que inclúe a participación dos estudantes na limpeza de costas e a estimulación da creatividade do alumnado e fomento das competencias dixitais ao redor de temas ambientais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?