Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA achega en outubro un curso sobre Excel avanzado e analítica de datos para controllers
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEUGA achega en outubro un curso sobre Excel avanzado e analítica de datos para controllers

S. P.
Publicado: 09/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

feuga_excel_avanzado_curso.jpgFEUGA achega este outono unha nova actividade formativa moi indicada para mellorar o noso traballo en xestión empresarial e da información. O curso Excel avanzado para controllers: Analítica de datos con Power Pivot e Power Query aprenderanos a analizar datos desde múltiples ángulos, a automatizar a recompilación e limpeza da información e a xerar informes automatizados e paneis de control interactivos.
A través deste curso, explica a Fundación Empresa Universidade de Galicia, “poderemos coñecer os mecanismos máis avanzados e sofisticados para xestionar máis volume de información no menor tempo posible e poderemos tomar decisións baseadas en datos concretos, mellorando a eficiencia e a precisión do noso traballo”.
Tamén se nos proporcionarán as habilidades prácticas e o coñecemento técnico para dominar Excel a un nivel avanzado, aproveitando ao máximo as capacidades de Power Pivot e Power Query para mellorar a nosa eficacia como controller.
O curso, de 15 horas, impartirase en modalidade de vídeo-conferencia en tempo real, os días 23, 25, 27, 30 e 31 de outubro de 2023, en horario de 09.30 a 12.30 horas.
Obxectivos
-Adquirir e consolidar habilidades no uso de Excel avanzado, Power Pivot e Power Query para a xestión e análise de datos financeiros.
-Entender como as funcións avanzadas de Excel poden ser aplicadas especificamente para optimizar os procesos de control e supervisión financeira.
-Desenvolver a capacidade para xerar informes automatizados e paneis de control efectivos para supervisar indicadores clave de rendemento (KPIs) financeiros e operativos.
A actividade será impartida por Nacho Lapuente, formador especializado en novas tecnoloxías como Big Data, análises de datos, Intelixencia Artificial e Business Intelligence, entre outras, impartindo tanto en empresas privadas como en institucións educativas e en administracións públicas. Actualmente tamén é desenvolvedor de ferramentas de software a medida ERP-CRM e de ferramentas de asistencia técnica de sistemas de produción.
Titulado en Enxeñería Técnica Industrial pola Universidade de Zaragoza e Máster Microsoft en Microinformática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?