Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPXG organiza dous webinarios sobre violencia simbólica contra as mulleres e xornalismo de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPXG organiza dous webinarios sobre violencia simbólica contra as mulleres e xornalismo de datos

S. P.
Publicado: 09/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornalismo_datos.jpgO Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia anuncia a súa oferta formativa para os próximos meses, que consta dos seminarios en liña Golosinas visuais: a violencia simbólica no marco da biopolítica, impartido por Isabel Menéndez (21 de outubro) e Introdución ao xornalismo de datos: primeiros pasos, competencias e ferramentas, por Miguel Rodríguez Fernández (25 de novembro).
Os cursos realizaranse en sábado, en horario das 11.00 ás 13:00 horas, a través da plataforma de formación en liña do CPXG, e pode asistirse a eles tamén de maneira diferida. A inscrición está xa aberta e remata o mércores 18 de outubro para a primeira das actividades formativas, e o 22 de novembro para o segundo.
Golosinas visuais: a violencia simbólica no marco da biopolítica é un curso que tenta responder á existencia dun metadiscurso regresivo nos medios e a cultura popular que se propón como discurso emancipador. “Trátase”, sinala o Colexio, “de mensaxes altamente ambiguas, que utilizan con frecuencia a propia retórica feminista para encubrir ideas profundamente antifeministas e ás veces abertamente misóxinas, xerando unha tensión discursiva entre emancipación e dominación que non é fácil resolver”. A formación estará impartida o 21 de outubro por María Isabel Menéndez Menéndez, catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidad de Burgos, cunha carreira investigadora centrada na análise feminista das industrias culturais e o tratamento informativo da violencia machista e simbólica, ademais dunha dilatada traxectoria como consultora para institucións públicas e empresas no ámbito das políticas de igualdade e a prevención da violencia de xénero.
E o sábado 25 de novembro será a quenda de Introdución ao xornalismo de datos: primeiros pasos, competencias e ferramentas. Nesta sesión farase un percorrido polas orixes e a teoría do xornalismo de datos, explicaranse as diferentes vertentes ou áreas de especialización que existen dentro del, darase conta da grande variedade de ferramentas e linguaxes de programación dispoñibles para as e os xornalistas e ofreceranse orientacións e consellos básicos para introducirse nesta corrente do xornalismo, así como recursos e cursos para continuar coa formación nesta materia. O curso impartirao Miguel Rodríguez Fernández, licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado en Xornalismo de Datos e Computacional pola Universidade de Cardiff. Tras unha carreira en distintos medios galegos e estatais, traballou como xornalista de datos na Press Association e desde 2019 é Editor de Datos en ICIS, publicación internacional especializada na cobertura de mercados enerxéticos e petroquímicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?