

Pola súa banda, Hilda Romeu Velo, Susana Ladra, José R. Paramá e Fernando Silva Coira recibiron de mans da directora da cátedra, Virginia Mato Abad, o Premio Cátedra Aldaba – WIB (Women, ICT & Business) ao traballo máis relevante liderado como primeira autora unha muller pola investigación titulada Indexación e Recuperación de partituras por tarareo baseada en características extraídas.
O
Premio Cátedra NTT Data á contribución máis relevante no ámbito
da diversidade, economía social e promoción da igualdade, entregado
por Marianne Blanco Martiño (directora Sector Público en NTT Data)
recaeu no traballo Amosando ou lado escuro das redes sociais:
desenvolvemento do primeiro corpus en lingua galega para a detección
de misoxinia en Twitter e Mastodon de Lucía María Álvarez Crespo e Laura M. Castro.
A
directora da Cátedra CICAS Sngular, Laura Castro Souto, foi a
encargada de entregar o Premio Cátedra CICAS Sngular ao mellor
traballo aliñado coas boas prácticas de Open Science, Open Data,
Open Access e Open Source. Resultaron gañadores
Eva Pardo, Iago Fernández, Santiago Fernández Noriega, María
Martínez e Laura Nieto Riveiro pola súa investigación Solución
para a captura e visualización de datos de dispositivos wearable.
Pola
súa banda, o proxecto Predición do caudal de entrada en presas
hidráulicas usando redes neuronais de Alberto Fernández
Sánchez, Juan Ramón Rabuñal Dopico, Daniel Rivero Cebrián,
Alejandro Celestino Pazos Sierra, Marcos Gestal foi merecedor do
Premio ITG ao traballo máis relevante con aplicación industrial,
que entregou Gonzalo Blázquez Gil da área de tecnoloxías do
Instituto Tecnolóxico de Galicia.
Pola
súa banda, o Premio CPEIG ao mellor traballo con primeiro autor
estudante titulado en Enxeñaría Informática recibírono Francisco
Prado Valiño, Roi Santos Ríos, Carlos Gómez Rodríguez e Jesús
Vilares da man da vogal do CPEIG, Pilar Vila, pola investigación
titulada Prototipo dun sistema de recoñecemento de entidades para
a xestión dixital da resistencia a antimicrobianos.
Dous
foron os Premio Clúster TIC concedidos. O que recoñeceu o mellor
póster concedeuse a Patricia Concheiro Moscoso, Betania Groba, María
del Carmen Miranda Duro, Diego Álvarez Estévez pola Efectividade
da Xiaomi Mi Band 5 fronte á polisomnografía na medición do sono.
Mentres, Iago Fernández Garrido e Ángel Gómez foron os gañadores
do apartado de mellor comunicación oral pola súa exposición sobre
Realidade Virtual para estimulación cognitiva de terceira idade e
persoas con discapacidade. Alfredo Ramos, Director xeral de R,
entregou ambos premios en representación do Clúster TIC.
Por
último, o Premio Fundación CITIC á contribución máis relevante
en investigación básica ou teórica, entregado pola concelleira de
Innovación, Mobilidade e Infraestruturas de A Coruña, María
Canosa, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e
Transferencia, Salvador Naya, recibírono Roberto Prado Rodríguez,
Patricia González, Julio R. Banga e Ramón Doallo polo seu traballo
Esquema de cooperación autoadaptativo nun algoritmo CAO paralelo
para problemas combinatorios binarios.
Os
premios destacan a diversidade dos enfoques propostos, que impulsan a
innovación e a excelencia nos ámbitos da Intelixencia Artificial, a
Ciberseguridade, o Big Data, as Redes Intelixentes e a
Computación de Altas Prestacións.

