Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Éxito de participación e implicación do Scratch Day do CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Éxito de participación e implicación do Scratch Day do CPETIG

S. P.
Publicado: 11/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

day_cpetig_entrega_premios_scratch.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) pechou con éxito a oitava edición do Scratch Day, unha das actividades máis destacadas no calendario da institución e que se desenvolve dentro do marco de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade galega. A cita foi o pasado 7 de outubro na Cidade da Cultura en Santiago.
“O Scratch Day”, sinalaron fontes do colexio, “consolidouse como un destacado referente na divulgación da programación informática en familia en Galicia”. A isto, engadiron, contribúen cada ano a diversidade das actividades desenvolvidas, o ambiente colaborativo, a innovación aplicada e os contidos adaptados á mocidade de entre 6 e 16 anos.
O edificio CINC da Cidade da Cultura deu cabida aos 23 participantes que este ano protagonizaron as actividades lúdico-formativas en familia a través da linguaxe de programación con Microbit. A temática desta edición foi a da gamificación e o entorno dos videoxogos, dando unha especial relevancia á música e a como interactuar con ela.
day_cpetig_scratch23.jpgOs máis pequenos puideron experimentar esta primeira toma de contacto co Scratch para mover e lanzar obxectos e así poder programar videoxogos básicos. Os instrutores traballaron tamén as interaccións da cámara e do son ata poder empregar a radio e o control remoto entre dispositivos, conformando unha pequena orquestra.
Houbo tamén programación dun videoxogo cun vehículo para percorrer unha distancia estimada e traballo con luces LED. O desenvolvemento das actividades estivo enlazado de maneira que unhas probas daban o acceso ás seguintes.
Todos os participantes no Sratch Day familiar do CPETIG levaron cadanseu diploma acreditativo. Realizouse ademais un sorteo de 5 trofeos conmemorativos do Scratch e de material con tarxetas de Microbit entre os asistentes, xa que o obradoiro non ten espírito competitivo.
Pola súa banda, e como actividade complementaria, abordouse unha xornada intensiva con profesorado, orientada a entender a potencialidade de aplicar a linguaxe Scratch no entorno das aulas dos centros de ensino de Galicia e para reforzar a aposta de que os nenos e nenas se acheguen ás especialidades STEM (polas súas siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), ás que se suman as Artes, desde idades temperás.
Neste segundo grupo, a intención era diferente, xa que se combinou unha parte práctica de traballo específico con Microbit, coa creación de unidades didácticas para contido curricular.
O CPETIG valora esta oitava edición do seu Scratch Day como “altamente positiva”, tanto polos contidos desenvolvidos como polo ambiente que se volveu rexistrar nunha das actividades destacadas da actividade colexial anual. O Colexio agradece a todos os participantes, formadores e á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) a súa colaboración para seguir fomentando estas actividades entre a mocidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?