Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FADEMGA imparte un catálogo de cursos formativos para diminuír a fenda dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FADEMGA imparte un catálogo de cursos formativos para diminuír a fenda dixital

S. P.
Publicado: 11/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fademga_formacion_dixital.jpgNa mañá deste 11 de outubro o equipo de Transformación Dixital de FADEMGA Plena Inclusión Galicia desprazouse ata o edificio situado en Neira de Mosquera, en Santiago, para impartir a terceira sesión do curso Adquisición de Competencias Dixitais para persoas con Discapacidade Intelectual. Trátase dun catálogo formativo que se enmarca dentro do proxecto de Transformación Dixital para a Inclusión, coordinado por Plena Inclusión España e Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno, e amparado polos fondos europeos Next Generation.
Así pois, doce persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento puideron aprender nesta xornada a traballar co buscador de Internet, así como elaborar un simulacro para tratar cos datos e entender a estrutura do correo electrónico; tamén lles ensinaron recursos para usar os dispositivos con axilidade mediante controis ou pantalla partida. Por último, recibiron un caderno dixital que usarán como ferramenta de estudo ao longo do curso, pois o grupo terá unha formación tódolos mércores, de 10:00 a 14:00 horas, ata o 13 de decembro de 2023.
Outras trinta persoas usuarias do territorio galego tamén están inscritas no mesmo proxecto. Doce delas pertencen á Asociación ASAPANAEX e reciben a formación en Vigo tódolos martes; dez persoas asisten á oficina de San Luís de FADEMGA Plena Inclusión Galicia da Coruña os xoves; así como a Asociación ASPRONAGA, tamén localizada na Coruña, que conta con outro grupo de traballo de doce persoas. A finalidade deste proxecto é a de capacitar a este colectivo en habilidades coa tecnoloxía e acabar coa fenda dixital que actualmente existe por falta de accesibilidade e formación. Ademais, tamén se busca mellorar a metacognición, autonomía e sociabilidade das persoas participantes con discapacidade intelectual.
FADEMGA Plena inclusión Galicia, Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual conta a día de hoxe con 41 entidades galegas federadas e presta servizo a máis de 8.000 persoas con discapacidade intelectual entre aquelas que reciben apoio nas entidades e as que se benefician de servizos a través da propia federación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?