Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno e a CEL impulsarán a transformación dixital das pemes da provincia de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno e a CEL impulsarán a transformación dixital das pemes da provincia de Lugo

S. P.
Publicado: 11/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

isabel_rodriguez_lara_mendez_lugo_transformaciond_dixital_lugo.jpgA sede da Confederación de Empresarios de Lugo acolleu este mércores 11 de outubro a presentación do programa estatal Xeración Dixital Pemes (Generación Digital Pymes), iniciativa do Goberno destinada a achegar un extra de transformación tecnolóxico no tecido produtivo das comunidades autónomas. Na presentación participaron a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o presidente provincial José Tomé, a alcaldesa lucense Lara Méndez e o secretario xeral da CEL, Jaime López, entre outros.
A subdelegada, na súa intervención, puxo en valor os preto de 100 millóns de euros que está a investir o Goberno en Galicia a través do plan de recuperación para favorecer a transformación dixital das súas empresas dos que xa se teñen beneficiado máis de 25.000 firmas na comunidade, 4.000 delas na provincia de Lugo.
Tamén dixo que na provincia o programa Xeración Dixital Pemes está a ser executado pola universidade privada CESUGA, a escola de finanzas EF Business School, a CEL e a Fundación Venancio Salcines. Rodríguez animou ás empresas lucenses a que “non deixen pasar esta oportunidade única, e tamén a aquelas persoas que se queiran formar para ser protagonistas da transformación dixital que está a promover o Goberno cos fondos do Plan de Recuperación”.
E engadiu: “Este Goberno segue a axudar ás empresas e aos empresarios, o que tamén contribúe á transformación da nosa economía e do noso modelo produtivo, un exemplo máis do moito que se pode facer coa colaboración público-privada”, apuntou a subdelegada.
Isabel Rodríguez salientou que o Goberno de Pedro Sánchez “está a facer do Plan de Recuperación unha ferramenta inmellorable para o crecemento empresarial”. Outros exemplos diso, engadiu, son os 75 millóns de euros que mobiliza no plan de Apoio ao Emprendemento Industrial, que facilita a creación de novas iniciativas industriais e o crecemento e mellora da competitividade das empresas; o Kit Dixital, que xa mobilizou 12,5 millóns a través de máis de 3.300 bonos na provincia de Lugo, ou as oficinas do programa Acelera Peme.
A subdelegada lembrou que hai unhas semanas inaugurouse en Lugo un destes centros de asesoramento ás pemes e autónomos sobre ferramentas e solucións TIC. “Todas estas partidas exemplifican o noso compromiso e evidencian, unha vez máis, que este Goberno está do lado das empresas, dos empresarios e das empresarias, e vai con eles da man, poñendo enriba da mesa os investimentos que fagan falta para mellorar a súa competitividade”, concluíu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?