Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra combaterá a fenda dixital nos concellos do rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra combaterá a fenda dixital nos concellos do rural

S. P.
Publicado: 13/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_xunta1d_rafa_estevez.jpgA Deputación de Pontevedra aprobou en xunta de goberno tres proxectos relacionados coa conservación dos hábitats na franxa marítimo terrestre do espazo transfronteirizo entre a provincia de Pontevedra e Viana de Castelo, coa instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos en centros da Deputación e a posta en marcha dun hub para a loita contra a fenda dixital. Estes tres plans que contan co apoio económico da Unión Europea e o Goberno de España, que achegan un total de 800.000 euros, e que se complementan co investimento de 300.000 euros de fondos propios da Deputación de Pontevedra.
O proxecto biocosteiro ten como obxectivo mellorar a conservación dos hábitats litorais a través da redución da presenza de especies invasoras, promover actividades económicas locais como o turismo ou o desenvolvemento de acción de sensibilización entre escolares e a sociedade en xeral. O orzamento desta iniciativa alcanza os 750.000 euros financiados a cargo do programa de cooperación interrexional POCTEP 2021-2027. A Deputación é o beneficiario principal desde proxecto e supera os 350.000 euros, dos que este programa financia o 75 %, uns 262.500 euros.
Para a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos en centros dependentes da Deputación, o Goberno provincial recibe 290.000 euros procedentes do programa Moves III, financiado cos fondos europeos Next Generation. O investimento servirá para fomentar a mobilidade sustentable a través da instalación de dous puntos de recarga no Centro Príncipe Felipe, tres na Estacion Fitopatolóxica do Areeiro, dous dobres no Viveiro de Empresas de Barro, tres dobres e dous simples no Parque de Maquinaria, dous na Finca Mouriscade e un punto dobre no Viveiro de Empresas de Lalín.
Polo que respecta ao terceiro dos plans, o proxecto TIC, está relacionado co reto demográfico do rural, para o que se pon en marcha un hub para a loita contra a fenda dixital e a sociedade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra. O proxecto conta cun orzamento de 500.000 euros dos que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico aporta 280.000 euros e a Deputación os 220.000 euros restantes. A iniciativa porase en marcha cun programa piloto nos concellos de A Illa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña. Unha vez asinados os convenios con estes cinco concellos, o primeiro paso será a posta en marcha dunha plataforma innovadora de formación que constará de cinco fases: a posta en marcha das aulas virtuais, a posta en marcha da plataforma de formación activa e contidos dixitais, a realización dunha experiencia formativa e interna, a entrega dun libro branco de servizos dixitais e a xestión de datos a través da tecnoloxía de análise de información a gran escala (Big Data). “Queremos mellorar a calidade de vida dos habitantes do rural da provincia e iso conséguese garantindo o seu acceso ás novas tecnoloxías”, sinalou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sobre a importancia desta iniciativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?