Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Policía Local de Lugo estrea un dron de seguridade, supervisión e asistencia en rescates
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Policía Local de Lugo estrea un dron de seguridade, supervisión e asistencia en rescates

S. P.
Publicado: 13/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dron_concello_de_lugo_policia.jpgO Concello de Lugo vén de equipar á Policía Local de Lugo cun dron destinado a completar o seu labor de control e vixilancia. O novo vehículo aéreo non tripulado, co-financiado cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional a través da estratexia DUSI, está equipado con sistema de navegación satelital, cámara térmica e cámara gran angular con capacidade para captar imaxe nocturna, o que permite diversificar as súas funcións.
O aparello, segundo sinalaron dende o Concello, ten un amplo potencial en materia de seguridade, de control, de supervisión ou como apoio en tarefas de asistencia e recate. Tamén será empregado en eventos multitudinarios, no control do tráfico da cidade e ampliando a precisión das inspeccións industriais e urbanísticas, entre outras aplicacións.
A rexedora comprobou in situ as prestacións do novo equipamento durante un voo de control sobre o recinto feiral do San Froilán, xa que a asistencia en eventos deste tipo é outras das súas funcións. “Consideramos importante contar cun corpo de policía formado e que dispoña de ferramentas tecnolóxicas que permitan mellorar a súa eficacia. Este proceso de tecnificación, onde varios axentes contan coa capacitación específica necesaria para operar estes drons, suporá sen dúbida unha mellora da percepción de seguridade na cidade e da calidade de vida da veciñanza, xa que permitirá asistir o traballo policial ata puntos antes inimaxinables”, destacou a alcaldesa.
O aparato conta tamén cunha serie de complementos que permiten especificalo para traballos de rescate de persoas perdidas ou de asistencia en persecucións e fugas. Deste xeito, dispón dun sistema de megafonía que permite transmitir ordes ou recomendacións de seguridade a distancia e un software asistente enfocado a elaboración de estudos sobre tráfico, transito de vehículos e riscos ante aglomeracións multitudinarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?