
David Llano, responsable da operadora en Galicia, fíxollo saber ao equipo de Goberno do concello e aos veciños que se achegaron ao encontro celebrado a semana pasada. Pola súa banda, o alcalde, José Luís Rivera, amais de celebrar o acceso da fibra óptica, está a impulsar o desenvolvemento da infraestrutura tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando en todo momento o labor dos técnicos.
Para dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo ideou a ferramenta Ola, veciño! Un formulario que se pode encher na web da empresa e que permite a Adamo avisar ao interesado en canto a fibra chegue ao seu fogar. Asemade, en Adamo.es non hai máis que premer en Chamámoste para que unha teleoperadora da compañía se poña en contacto co cliente, que tamén pode marcar o 1600 para recibir información e/ou contratar produtos.
Engadir que Quiroga forma parte dun plan de expansión da compañía, que amorea máis de 87.000 vivendas cableadas en 36 concellos lucenses dende mediados de 2018. Adamo resultou adxudicataria da última convocatoria de axudas estatais e comunitarias para a instalación desta infraestrutura no territorio. En virtude do orzamento público-privado resultante do Programa Único, de 17,5 millóns, a dita empresa levará Internet de alta velocidade a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmóbeis conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.
A operadora Adamo leva Internet ultrarrápida a 300 fogares de Quiroga
Compartir Este Artigo

