Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Laboratorio de Bases de Datos do CITIC organizou a 16ª conferencia sobre similitude e aplicacións (SISAP)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Laboratorio de Bases de Datos do CITIC organizou a 16ª conferencia sobre similitude e aplicacións (SISAP)

S. P.
Publicado: 18/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sisap_coruna_citic.jpgO Laboratorio de Bases de Datos do CITIC da Universidade da Coruña organizou a décimo sexta edición da International Conference on Similarity Search and Applications (SISAP), que tivo lugar na Coruña estes 9, 10 e 11 de outubro. O evento atraeu a asistentes de 17 países, o que o converteu nunha oportunidade única para o intercambio de ideas e colaboracións internacionais na área de xestión de datos de similitude.
Segundo relatan fontes do CITIC, SISAP é un foro anual que reúne a investigadores e desenvolvedores de aplicacións no eido da xestión de datos de similitude. Con problemas tecnolóxicos compartidos nunha ampla gama de dominios de aplicacións, desde minería de datos ata recoñecemento de patróns e biometría, “SISAP converteuse nun evento fundamental para profesionais de todo o mundo”, apunta o centro coruñés, engadindo que no transcurso da conferencia outorgáronse os premios ao Mellor Traballo e ao Mellor Traballo Estudantil. Ao mesmo tempo, por parte da organización recomendarase unha pequena escolma das mellores contribucións presentadas na conferencia para a súa inclusión nun número especial de Elsevier Information Systems.
Ademais, SISAP 2023 contou desta volta con tres conferenciantes destacados: Michael Houle do New Jersey Institute of Technology (NJIT), cuxos coñecementos en procura por similitude son recoñecidos a nivel internacional; Yury Malkov, un experto en procura vectorial aproximada que contribuíu significativamente a este ámbito e Julio Gonzalo, da UNED, cuxa experiencia en recuperación de información e minería de datos achegou unha perspectiva valiosa ás discusións da conferencia.
A iniciativa SISAP é un foro para intercambiar exemplos de aplicacións do mundo real, novas técnicas de indexación, bancos de probas e puntos de referencia comúns, código fonte e literatura actualizada a través da súa páxina web, ao servizo da comunidade de procura de similitudes.
A actividade comezou en 2008 como un obradoiro de traballo e ao longo dos anos converteuse nunha conferencia internacional con actas de Springer Lecture Notes in Computer Science (LNCS).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?