Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achega a segunda edición do seu curso sobre xestión de persoas e People Analytics
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achega a segunda edición do seu curso sobre xestión de persoas e People Analytics

S. P.
Publicado: 18/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

people_analytics_vitae_analise_recursos_humanos_profesionais.jpgA consultora galega Vitae, referente estatal en formación tecnolóxica para empresas innovadoras, vai organizar este mes de novembro a segunda edición do curso People Analytics: A arte de xestionar persoas convertido en Ciencia. Terá seis horas de contido e desenvolverase os días 21 e 23 de novembro de 2023. Vai destinado a facilitarnos recursos para dispoñer de datos de calidade sobre todo o relacionado coa xestión dos equipos humanos. Trátase, segundo informa Vitae, de poñer ao noso alcance ferramentas que nos axuden a contar con datos fiables e útiles para coñecer en profundidade o talento da nosa empresa e o talento que precisa a nosa empresa.
Así nolo explica a consultora: “Os negocios, grazas ao traballo cos datos e o seu tratamento, chegaron a niveis de sofisticación moi altos. Non é así en todo o relacionado coa xestión de persoas. Seguimos ancorados no pasado, en capas que nos permiten explicar á perfección o presente e o pasado, pero con escasa capacidade de predicir que é o que vai pasar, ou non, nunha organización en base ao tipo de talento co que conta”.
people_analytics_vitae.jpgPara Vitae, “é hora de comezar a pensar como converter ás persoas nunha verdadeira panca estratéxica e non meramente operativa. É momento de converter a xestión de persoas nunha ciencia e abandonar a intuición e o azar co que manexamos todo relacionar coas persoas nas compañías”.
Estes son os obxectivos do curso: dispoñer de marcos teóricos e metodolóxicos que nos permitan medir e entender o impacto que o comportamento humano ten nas organizacións, así como desenvolver un pensamento científico e estratéxico sobre a función.
O curso ten unha duración de 6 horas, en 2 sesións de 3 horas, a desenvolver en formato de Aula Virtual Online en directo.
Será impartido por Roberto Rodríguez, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Máster en Recursos Humanos, MBA, coach profesional ejecutive certificado pola ECOP, profesor asociado en varias escolas de negocio e universidades. Foi responsable de Organización de Recursos Humanos e Atracción do Talento en R Cable e Telecomunicacións Galicia, HR Business Partner Networks Technologies en ONO, manager de Learning & Development en Vodafone, director corporativo de Recursos Humanos en Másmovil, responsable de persoal en BBVA Next Technologies e na actualidade é director executivo de Dathum.
Entre as empresas e organismos que asesorou ou formou atópanse BBVA, R Cable, Ono, Masmovil, Vodafone, Indra, Bankinter, Telefónica, IBM, Iberdrola, CEPSA, Mahou, Sanitas, El Corte Inglés, Endesa ou SAP.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?