Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A APTE homenaxea ao Parque Tecnolóxico de Vigo no 20 aniversario da súa constitución
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A APTE homenaxea ao Parque Tecnolóxico de Vigo no 20 aniversario da súa constitución

S. P.
Publicado: 19/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apte_vigo_zona_franca_parque_tecnoloxico.jpgA Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) homenaxeou este xoves 19 de outubro ao Parque Tecnolóxico de Vigo (PTVigo), que este 2023 conmemora o vixésimo aniversario da súa posta en funcionamento. A persoa encargada de recoller o recoñecemento foi Ana Mejías Sacaluga, vocal substituta da delegación do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo e concelleira do Concello de Vigo.
O Consorcio da Zona Franca de Vigo forma parte da APTE desde que se proxectou o Parque Tecnolóxico en 1996 e, actualmente, participa na entidade coa marca Parque Tecnolóxico de Vigo (PTVigo), que integra tres enclaves que configuran un completo ecosistema tecnolóxico: o Centro de Iniciativa Empresarial (CIE) A Granxa, situado en Porriño, que iniciou a súa actividade en 2003; o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, emprazado na cidade olívica entre as parroquias de Beade e Valladares e inaugurado en 2004; e a área empresarial de Porto do Molle, en Nigrán, cuxa posta en funcionamento data de 2010.
O PTVigo, cunha superficie conxunta de 1.500.000 metros cadrados, alberga actualmente 300 empresas con máis de cinco mil traballadores. Pon ao dispor do ecosistema empresarial e de coñecemento parcelas en venda e alugueiro de oficinas, locais e naves; un Centro de Negocios e un Centro de Iniciativa Empresarial con 30 niños e 13 mini naves; unha incubadora tecnolóxica con 14 módulos; 10 talleres industriais para emprendedores; 3 espazos de coworking, salas de reunións, aulas e un auditorio con capacidade para 300 persoas; un Edificio Tecnolóxico Aeroespacial e máis espazos de laboratorio para o sector biotecnolóxico.
O Consorcio da Zona Franca ofrece ademais servizos de apoio ás entidades do Parque como a sociedade de capital risco Vigo Activo; as acelerador de proxectos empresariais ViaGalicia, Business Factory Auto (BFA) e High Tech Auto (HTA); a aceleradora para procesos de internacionalización Viaexterior e Viatextil; o servizo de base de datos e información para empresas ARDÁN; así como foros de orientación estratéxica e obradoiros de traballo, asesoramento e apoio empresarial.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é colaborar, mediante a potenciación e difusión dos parques científicos e tecnolóxicos, á renovación e diversificación da actividade produtiva, ao progreso tecnolóxico e ao desenvolvemento económico.
APTE é membro asociado da Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos e Áreas de Innovación (IASP) e actualmente conta con 58 membros repartidos por toda a xeografía española.
Estes parques albergaban a finais de 2022 un total de 5.780 entidades que facturaron 25.148 millóns de euros e proporcionaron emprego a 150.624 persoas, das que 34.190 dedícanse a tarefas de I+D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?