Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amigas da Terra celebra un Repair Café na ETSE da USC este xoves 19 de outubro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amigas da Terra celebra un Repair Café na ETSE da USC este xoves 19 de outubro

S. P.
Publicado: 19/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

santiago_amigas_da_terra_231019_repair_cafe.jpgO próximo 21 de outubro celébrase o Día Internacional da Reparación con centos de eventos en todo o mundo. O colectivo Amigas da Terra súmase á cita, que se celebra cada ano o terceiro sábado de outubro baixo o lema Dereito a reparar para todas, como parte da plataforma europea Right to Repair da que forma parte.
Deste xeito, do 18 ao 27 de outubro os grupos locais da asociación ecoloxista organizan obradoiros (Repair Cafés) por todo o territorio español, talleres para alongar a vida útil de diferentes obxectos, non só tecnolóxicos e electrónicos, aínda que estes son en parte protagonistas. Nestas xeiras de traballo participativo, argalleiro e maker as persoas asistentes compartirán experiencias e coñecementos para fomentar a práctica da reparación e “reivindicar o dereito para reparar”, explican dende Amigas da Terra, engadindo que nos obradoiros arranxaranse obxectos variados desde equipos informáticos, aparellos eléctricos e electrónicos ata roupa ou bicicletas.
“O obxectivo deste día é demostrar aos gobernos que o dereito para reparar debería ser un dereito universal accesible e alcanzable por norma para todas as persoas”, explica o colectivo.
Unha destas citas terá lugar no vestíbulo xunto a cafetería da Escola Técnica Superior de Enxeñaría do Campus Vida (Campus Sur) da Universidade de Santiago. O Repair Café compostelán será este xoves 19 de outubro ás 16:30.
Os Repair Café son espazos informais de reparación, de encontro, de libre acceso, de intercambio de saber e “de loita contra a cultura de usar e tirar”, explican dende Amigas da Terra, engadindo que do que se trata é arranxar e dar segundas e terceiras vidas a pezas, electrodomésticos, electrónica, xoguetes etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?