Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo e AMTEGA traballan nas parroquias para mellorar a cobertura móbil no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo e AMTEGA traballan nas parroquias para mellorar a cobertura móbil no rural

S. P.
Publicado: 19/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

imaxe_de_arquivo_da_alcaldesa_e_o_concelleiro_de_transicion_ecoloxica_nunha_xuntanza_coa_vecinanza_do_rural.jpgO Concello de Lugo, a través da área de Transición Ecolóxica e Impulso Rural que dirixe Miguel Fernández, está dar pasos para mellorar a cobertura móbil nas parroquias do termo municipal. Faino coa procura de terreos que permitan a instalación de torres de comunicación, un labor que comezou xa no mandato pasado e que nos últimos meses abrangueu tamén a colaboración con AMTEGA, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, na localización das parcelas máis axeitadas.
Ao devandito, explicou o Concello, súmanse as tarefas de intermediación coa veciñanza que reside nos núcleos para propiciar a cesión dos predios que o propio ente autonómico considerou como máis axeitados ou idóneos para localizar os equipamentos.
En concreto, a Concellería de Impulso Rural mantivo xa conversas coa veciñanza de Santa María Alta, onde a superficie seleccionada pola AMTEGA correspóndese cun monte en man común. “Nestes momentos o proceso está en fase de negociación para posibilitar que os titulares destas terras cedan a súa utilización para poder mellorar as conexións telefónicas de toda a zona”, explicaron fontes do Concello, engadindo que se está a traballar nas parroquias de Gondar e Piñeiro para facilitar a posta a disposición de parcelas que se adapten ao requirimentos da axencia galega.
Amais, o Concello de Lugo presentou un informe na Dirección Xeral de Telecomunicacións no que se recollían as necesidades dos diferentes núcleos do rural en canto á mellora de telefonía e conexión a Internet. “O obxectivo era sinalar os puntos nos que as administracións competentes deben actuar con maior inmediatez para garantir a igualdade de oportunidades e dereitos en todo o municipio en canto á dixitalización do territorio, un cometido que seguimos a desenvolver, brindando a máxima cooperación posible e vixiantes de que os compromisos anunciados se cumpran”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?