Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone Business presentou as súas solucións tecnolóxicas para a transformación das empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone Business presentou as súas solucións tecnolóxicas para a transformación das empresas galegas

S. P.
Publicado: 19/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_business_norte_open_day_galicia.jpgVodafone vén de celebrar na súa sede da Coruña (o pasado xoves 12 de outubro) o a primeira edición do Vodafone Business Norte Open Day de Galicia co obxectivo de presentar as solucións tecnolóxicas que pon ao dispor dos seus clientes de empresas industriais. Baixo o lema Tecnoloxía para a eficiencia industrial, a operadora deu a coñecer na xornada de portas abertas casos de uso concreto de tecnoloxías como redes móbiles privadas (MPN) 5G, plataformas e dispositivos IoT (Internet das Cousas), xemelgos dixitais, AGV (vehículo guiado autónomo) ou soporte remoto experto, orientadas a facer máis eficientes as organizacións.
Durante o evento a operadora contou coa colaboración de expertos dos seus principais partners da nosa terra (Bosonit, TSK, Zerintia e Netun Solutions). De xeito conxunto deron a coñecer as últimas solucións enfocadas á eficiencia operacional da industria, que se desenvolveron segundo tres piares: plataformas operacionais transversais, menor consumo enerxético e maior aproveitamento dos recursos.
Bosonit encargouse de explicar os mecanismos de control e xestión de diferentes plataformas robóticas e maquinarias en plantas industriais co soporte da rede 5G de Vodafone. Durante a mañá a empresa fixo unha demostración do control de robots, algúns presentes na oficina de Vodafone e outros en instalacións remotas de Bosonit.
Pola súa banda, TSK realizou unha demostración da plataforma multifuncional de ámbito industrial para a dixitalización de procesos, xestión de sensórica IOT e ámbito enerxético.
Por outro lado, Zerintia presentou as súas capacidades en contornas industriais e a solución de experto remoto para procesos guiados ou formacións.
Por último, no ámbito da seguridade viaria, Netun Solutions mostrou aos asistentes o funcionamento e vantaxes da baliza conectada Help Flash IoT, o primeiro sinal v16 desenvolvido pola empresa galega que conseguiu homologación en España e que substitúe aos triángulos de emerxencia. Segundo lembrou Netun, o dispositivo integra unha SIM con tecnoloxía NB-IoT (Narrow-Band Internet Of Things) que lle proporciona conectividade en calquera parte do territorio nacional grazas á rede de Vodafone España. En caso de accidente ou avaría, ao activar o dispositivo envíase de maneira inmediata e automática unha notificación ao centro de control de tráfico da DXT indicando a súa localización exacta.
Francisco Vallejo, director territorial de Vodafone en Galicia, sinalou que “esta iniciativa pon de relevo o compromiso de Vodafone con Galicia. Queremos mostrar como as empresas poden liderar a súa transformación a través da tecnoloxía e a mellor forma de facelo é con xornadas como esta, na que contamos coa colaboración dos nosos mellores colaboradores para dar a coñecer ao tecido empresarial galego os avances tecnolóxicos en materia de plataformas IoT, de redes móbiles privadas (MPN) e doutras tecnoloxías que xa están a revolucionar o sector industrial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?