Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web do Museo Catedral de Santiago achegará ás aulas recursos para coñecer a historia do monumento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web do Museo Catedral de Santiago achegará ás aulas recursos para coñecer a historia do monumento

S. P.
Publicado: 20/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

museo_catedral_de_santiago_web.jpgA Fundación Catedral de Santiago presentou un programa educativo dirixido ao alumnado galego, de todas as idades, que ten como obxectivo principal dar a coñecer e afondar na historia da catedral compostelá e nas súas coleccións artísticas, e que inclúe diferentes visitas didácticas de carácter temático. Un dos recursos claves do programa será a web do Museo Catedral, que acubillará boa parte dos recursos do programa.
O programa constará de visitas adaptadas a diferentes idades, nas que o alumnado percorrerá os espazos cos que conta o Museo Catedral coma o edificio claustral, o Pazo de Xelmírez ou o Pórtico da Gloria, entre outros. Todas elas integrarán diferentes dinámicas educativas e abranguerán a diversidade do alumnado.
“A temática das visitas será diversa”, explicou a fundación na presentación, engadindo que haberá marxe “para as emocións, da man das cores e da música no Pórtico da Gloria; e tamén para o xogo, da man da iconografía na colección artística do museo e de personaxes como Dona Urraca e Diego Xelmírez”. Tamén haberá espazo para o alumnado da ESO e Bacharelato, levándoos a aqueles lugares que atopan nos libros de historia e reflexionando arredor da presenza das mulleres nos museos e na arte.
O programa, realizado a través da convocatoria de axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, foi levado a cabo polas historiadoras da arte Marina Pérez Toro e Lucía Hidalgo Portomeñe, baixo a coordinación dos responsables do Museo Catedral de Santiago, e prevé comezar a finais de 2023.
Esta proposta sumarase aos programas de visitas xa desenvolvidos polo Museo Catedral e será completamente gratuíta para os centros escolares previa reserva. O profesorado contará cun repositorio en liña, ao que poderán acceder a través da páxina web do Museo Catedral, no que atoparán materiais dispoñibles para descarga cos que os centros poderán traballar previa e posteriormente nas aulas, así como documentos informativos para a formación do profesorado e o enderezo electrónico de contacto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?