Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames acolleu o quinto encontro de coordinación da rede de centros de coworking da Deputación da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames acolleu o quinto encontro de coordinación da rede de centros de coworking da Deputación da Coruña

S. P.
Publicado: 20/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

acto_rede_coworking3.jpg
O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro (Ames), acolleu a quinta edición do Encontro de Coordinación da Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña. A apertura institucional estivo presidida polo alcalde de Ames, Blas García, a deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García López, e a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz. Durante o encontro realizouse a presentación do Ames AV Lab e unha visita guiada polo espazo A Proa, o centro local de coworking situado en Milladoiro. Realizouse unha mesa redonda na que se expuxo a situación de cada un dos espazos de traballo por parte dos responsables da súa xestión. Tamén houbo unha presentación de novidades, espazo para o debate, aclaración de dúbidas e propostas en común.
Blas García destacou no acto “o forte compromiso que ten o Concello de Ames coa formación e coa inserción laboral, tal e como demostra cos numerosos programas de formación que leva a cabo en solitario e en colaboración con distintas administracións e na elevada taxa de inserción laboral”. Tamén agradeceu á Deputación da Coruña a á deputada a súa presenza na Proa, “un espazo que pretende consolidarse como unha referencia na aceleración de proxectos audiovisuais, un potente sector en Galicia no que Ames ten moito que dicir”.
A continuación a deputada Emprego, Rosa Ana García López, destacou “o gran número de proxectos existentes, cos que na Deputación da Coruña estamos plenamente implicados, pois levamos traballando moitos anos neste sentido”. García López explicou que con estes centros de traballo, “a Deputación persegue obxectivos como reter o talento da nosa xente nova e fixar poboación no rural, creando novas oportunidades laborais para elas e eles”.
Segundo engadiu, nestes espazos de traballo colaborativo, a xente pode compartir experiencias, xerar sinerxías e axudarse a solucionar problemas. Esta rede leva activa 5 anos e conta con 11 centros, cada un especializado nun sector estratéxico, sendo o audiovisual o caso da Proa, engadiu.
Posteriormente, a técnica municipal de inserción laboral, María Lloves, fixo unha presentación sobre o Ames AV LAB que se está en fase de licitación. O Concello de Ames, co apoio da Deputación da Coruña, está a poñer en marcha o proxecto Ames AV LAB, que se concibe como “un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais, que busca impulsar a produción, o fomento do talento emerxente e a dinamización do importante tecido produtivo da provincia”.
A deputada, Rosa Ana García, destacou a aposta da Deputación polo sector audiovisual, con proxectos como o maior plató virtual de España que estará emprazado na Cidade das TiC da Coruña e interesouse polo Ames AV-LAB, un laboratorio que pretende apuntalar o polo de talento do audiovisual galego, “contribuíndo a definir a seguinte xeración de líderes do sector español con vocación internacional e innovadora”.
Por outra banda, realizouse unha visita guiada polo espazo colaborativo A Proa, que conta con 36 postos, dos cales na actualidade hai 18 ocupados con 12 proxectos diferentes sobre mercadotecnia dixital, produción audiovisual, educación, arquitectura, economía circular, comercio internacional, medio ambiente, etc. As empresas instaladas na actualidade son 12: Impulsa Dixital, Indígena Films, Palabra Xeneradora, Marxe e Territorios Latentes, Aquelando SL, Angel Marcelino Costa, Hub of English, Serea Film, Temporit, Leiloio Internacional, Eco-Huella, Andrea Ferreti Moncau.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?