Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Talentos Inclusivos (CITIC), Premio AMTEGA ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Talentos Inclusivos (CITIC), Premio AMTEGA ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais

S. P.
Publicado: 20/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

fotos_alumnos_demostracion__003_web.jpgO proxecto Talentos Inclusivos do Centro de Investigación TIC (CITIC) recibe este venres 20 de outubro o Premio AMTEGA ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais por parte do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), entregado na Noite Galega das Telecomunicacións. Como recordaremos, o proxecto está impulsado polo CITIC, ASPACE Coruña e o Concello da Coruña, co apoio do Consello Social da UDC e promovido pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación e a Xunta de Galicia.
Unha historia de recoñecementos, participación e éxitos
A tecnoloxía ao servizo das persoas coa finalidade de lograr unha sociedade máis inclusiva. Este é o obxectivo de Talentos Inclusivos, un proxecto referente do CITIC da UDC que desde a súa posta en marcha hai tres anos obtivo o recoñecemento institucional e social e tamén do sector das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Ata o momento, recibiu cinco premios, aos que se vén a sumar o que lle entrega o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia: o Premio AMTEGA ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais.
De feito, mellorar a vida das persoas mediante a aplicación da tecnoloxía é o principal reto ao que se enfrontan os estudantes que participan neste proxecto. Desde a posta en marcha de Talentos Inclusivos, máis de 500 estudantes solucionaron 19 retos propostos polas persoas usuarias de ASPACE Coruña. Uns desafíos que engloban aspectos diversos da vida cotiá, que van desde programas para facilitar a comunicación ata alternativas para o lecer, de rehabilitación ou solucións para o fogar.
“Todo o que se constrúe e fai desde o mundo tecnolóxico debe ter en conta a diversidade da nosa sociedade. Este é un principio compartido polo CITIC e a Universidade da Coruña, como se demostra a través de iniciativas como esta”, explica Javier Pereira, subdirector do CITIC e investigador principal de Talentos Inclusivos.
Na mesma liña, os responsables de ASPACE Coruña destacan que os “grupos de traballo que se crean en Talentos Inclusivos móstranse moi interesados en coñecer a realidade das persoas con parálise cerebral e, ao mesmo tempo, espértanse no alumnado as vocacións científicas ao buscar solucións aos retos propostos a través da tecnoloxía e a innovación”.
Impulsar vocacións
talentos_inclusivos_edicion3_web.jpg Precisamente, outro dos piares nos que se asinta o proxecto Talentos Inclusivos é o de espertar as vocacións tecnolóxicas entre os estudantes de Secundaria, co valor engadido de saber que as solucións TIC que desenvolven están pensadas para un colectivo concreto. De feito, “cada ano o alumnado esforzase en que os retos sexan aínda máis funcionais, sempre tendo en conta os gustos e preferencias do grupo de traballo de ASPACE Coruña”, explican desde a entidade.
Outro feito que tamén inflúe na evolución do proxecto é “que o primeiro ano algúns centros expuxérono como unha actividade extraescolar, pero nas dúas últimas edicións xa se incorporou ao currículo escolar, encaixándoo nas materias de Tecnoloxía ou Ciencias”, engade Javier Pereira.
Botón do pánico
Un dos obxectivos que busca Talentos Inclusivos é facilitar actividades da vida diaria, o que permitiu nas tres edicións anteriores a creación por parte dos estudantes de obxectos tales como mandos adaptados para a televisión, un soprador de velas ou adaptacións en Impresión 3D para a escritura. En cada edición, propóñense varios retos, algúns relacionados co lecer, como eixo importante da vida. Para a edición 2023-24 exporanse novos desafíos para seguir mellorando a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.
Concretamente, tal e como adiantan desde ASPACE Coruña este ano propoñerase un “botón do pánico”, unha solución para chamar a emerxencias cando persoas que non teñan comunicación verbal estean soas ou nun apuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?