Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cuntis, Forcarei, A Illa, Moraña e As Neves participan nun proxecto piloto contra a fenda dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cuntis, Forcarei, A Illa, Moraña e As Neves participan nun proxecto piloto contra a fenda dixital

S. P.
Publicado: 24/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_pontevedra_fenda-dixital-hub.jpgO deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, mantivo este luns 23 de outubro unha reunión cos concellos participantes no proxecto provincial Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra para informar dos avances que se produciron no relativo a este proxecto e resolver dúbidas. Os concellos que participan nesta primeira experiencia piloto, que conta cun orzamento de 500.000 euros dos que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico achega 280.000 euros e a Deputación os 220.000 restantes, son Cuntis, Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña e As Neves.
Cubela explicou que “logo de meses de traballo” o pasado 13 de outubro aprobouse o expediente de contratación para a adxudicación do contrato para implantar e desenvolver a plataforma formativa que fundamenta o hub: “É un proxecto vertebrado en dúas licitacións, esta primeira e unha segunda que se atopa en tramitación interna, referida ao deseño, impartición e formación para capacitar dixitalmente as persoas participantes”, debullou o deputado, ao tempo que lembrou que o obxectivo é “mellorar o acceso aos servizos da Administración Electrónica das persoas participantes e dotalas dunha maior autonomía nas xestións electrónicas da vida ordinaria ou sobre o uso de redes sociais”.
Para acadalo desenvolveranse sete accións formativas de cinco horas de duración en cada un dos concellos, que versarán sobre a Administración Electrónica, a xestión online do SERGAS, a banca móbil, as redes sociais ou a creación de vídeos. Esta formación irá acompañada dun servizo de asesoramento e de titorías que se espera se desenvolva entre os meses de febreiro e maio.
Ademais, o responsable provincial de Reto Demográfico explicou as bases para a selección do alumnado e das e dos influencers que participarán no programa: “Por unha parte, haberá un máximo de 50 alumnas e alumnos por concello, que deben ser nacidos antes de 1973 ou ser maiores de 18 no caso de que acrediten algunha discapacidade, presten servizos de axuda a domicilio ou acrediten a condición de persoa coidadora con maiores ao cargo; pola outra, as e os influencers (5 por concello participante) serán persoas destacadas a nivel municipal e con capacidade de mobilización e influencia sobre outras, que demostrarán en primeira persoa os beneficios do uso de ferramentas dixitais, maiores de 18 anos e empadroadas no concello, e serán elixidas por unha comisión de valoración con representantes dos cinco concellos e da Deputación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?