Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Anxo Carracedo, protagonista do podcast Quedamos para un café
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Anxo Carracedo, protagonista do podcast Quedamos para un café

S. P.
Publicado: 25/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

anxel_carracedo_gravacion_podcast.jpgEste martes 24 de outubro a Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) acolleu a gravación do podcast Quedamos para un café, dirixido por María José Bermúdez, Seu. A cita incluíu unha mesa redonda con distintos podcasters. O convidado principal foi o investigador Anxo Carracedo, catedrático de medicina legal e experto en xenética. O alcalde Blas García acudiu ao acto de apertura onde destacou a importancia que está tendo na actualidade a radio online, á carta. O evento realizouse de 17.00 a 20.00 horas e estivo aberto a todos os públicos. Contou coa colaboración do Concello de Ames e de Raiola Networks.
Coa colaboración do Concello de Ames, este programa realizouse en directo dende a Casa da Cultura do Milladoiro. Seu, no transcurso do programa, mostrou o agradecemento ás persoas que axudaron para facer posible este podcast e celebrou que o “auxe e crecemento do podcasting fixo posible que os apaixonados da comunicación expresasen as súas ideas sen barreira algunha”.
O alcalde de Ames, Blas García, acudiu ao acto de apertura onde se destacou como un oínte máis da radio e un gran admirador do formato podcast, un formato que revolucionou este medio por completo. O edil tamén anunciou que “Ames, a través da súa radio cidadá empezará a dar espazo ao podcast e ás oportunidades que nos brinda este novo formato”.
ames_anxo_carracedo_gravacion_podcast2.jpg Logo celebrouse a mesa redonda na que participaron Leo Menéndez e Paula Morais, todos eles podcasters. Cada un deles falou dos seus proxectos, do que lle aportan persoal e profesionalmente e de cales son os seus programas en liña favoritos.
Dende as 18.00 ata as 19.00 horas realizouse a gravación do episodio 40 que estivo protagonizado por Anxo Carracedo. Nesta conversa Seu, abordou con Carracedo diferentes aspectos da súa vida profesional e persoal.
Quedamos para un café é un podcast dirixido por María José Bermúdez, Seu, asistente virtual, produtora de podcasts e editora de audio. Leva en emisión dende maio de 2021, e acumula 38 programas en emisión. Nel, Seu aborda experiencias de vida, conversando con persoas ás que admira e respecta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?