Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple TV+ sube de prezo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple TV+ sube de prezo

Marcus Fernández
Publicado: 25/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apple_tv_plus_series.jpgHai un ano Apple subiu os prezos de varios dos seus servizos de subscrición, sendo o máis notable o caso de Apple TV+, que pese a ser o servizo de vídeo baixo demanda co menor catálogo do mercado, ousou a pasar de custar 4,99 euros/mes a cobrarse a 6,99 euros/mes. Agora semella que a compañía da mazá quere converter estas subas de prezo unha tradición anual, como o lanzamento de novos iPhone, e, sen mediar anuncio de ningún tipo, suben os prezos de varias subscricións de xeito inmediato, como podemos comprobar con Apple TV+, servizo que pasa a custar 9,99 euros/mes.
Apple TV+ a 9,99 euros/mes parece unha oferta fóra do mercado, xa que o servizo de Apple pasaría a ter o prezo mensual de HBO Max (que moitos usuarios reciben sen custo adicional a través do seu operador de telecomunicacións ou teñen contratado cun 50% de desconto), custaría o dobre que Prime Video, e bastante máis que SkyShowtime (que custa 5,99 euros/mes, pero que tamén ten moitos subscritores cun 50% de desconto). Dá a impresión de que Apple simplemente está a subir prezos no seu servizo de streaming para cobrar aos usuarios con folgura económica as tarifas que non cobran ao resto de usuarios, xa que a plataforma non deixa de repartir vales por 3 meses de subscrición ao mercar dispositivos ou directamente a través de códigos que poden lanzan a través de tendas ou cando estrean algún documental.
Dentro destas subas de prezo Apple Arcade tamén pasa de 4,99 a 6,99 euros/mes e Apple One de 16,95 a 19,95 euros/mes no seu plan individual. O servizo que mantería prezo sería Apple Music, que custa 10,99 euros/mes, que tamén é o prezo actual de Spotify, polo que enténdese que Apple mantén prezo simplemente para evitar unha fuxida masiva de usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?