Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este xoves celébrase en Santiago o Foro CIOs Galicia da man do CPEIG e CIONET
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este xoves celébrase en Santiago o Foro CIOs Galicia da man do CPEIG e CIONET

S. P.
Publicado: 25/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

foro_cios_galicia_cpeig_amtega.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia e CIONET, a comunidade de líderes dixitais de Europa, organizan este xoves 26 de outubro o Foro CIOs Galicia 2023, destinado a achegar un marco referencial para o debate tecnolóxico. Este encontro nace do marco das accións do convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Celebrarase no Hotel Oca Puerta del Camino (Santiago de Compostela). O obxectivo é tratar cuestións tecnolóxicas e desafíos das tecnoloxías da información co obxectivo de “construír un espazo de reflexión e aprendizaxe de boas prácticas e coñecemento compartido”.
O encontro, coa participación de CIOs e líderes dixitais, está dirixido ao persoal directivo do ecosistema dixital galego constituíndo, ademais, na 1ª Sesión de Foro CIOs Galiza, un espazo de debate con ánimo de continuidade para os principais CIOs e C-Level tecnolóxico da rexión, do mesmo xeito que, dende hai varios anos, funcionan os demais foros de CIONET en Europa (Madrid, Barcelona, Bruxelas, Berlín, Varsovia, Londres, Milán, Roma, Amsterdam, Múnich, Sevilla, Málaga, entre outros), pódese aportar reflexións relevantes e de impacto en torno á tecnoloxía.
Fernando Suárez, presidente do CPEIG comenta que “o foro xorde para establecer un punto de encontro entre profesionais TIC para que poidan compartir experiencias e coñecementos e falar de cales son os retos no ámbito da xestión das Tecnoloxías da Información en diferentes temáticas: transformación dixital, seguridade, tendencias tecnolóxicas emerxentes, ou os desafíos na xestión e capacitación do persoal”. O obxectivo, engade, “é que o foro sexa un punto de encontro permanente no tempo, coa idea de celebrar varias xornadas abertas durante o ano para que poidan participar empresas referentes”.
Durante o encontro celebrarase un simposio sobre tecnoloxía e prioridades dixitais baixo o título Navigating the Digital Era onde se explorarán cuestións relacionadas coas prioridades da administración pública, os desafíos aos que se enfrontan os CIOs no ecosistema dixital actual, os modelos organizativos a partir da experiencia de Abanca nos seus procesos de integración, a utilización da tecnoloxía para a descuberta do talento e os avances en transformación dixital, entre outros.
O Foro CIOs Galicia contará coa apertura institucional por parte de Julián Cerviño Iglesia, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, á que se sumarán as intervencións de Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e de Bruno Méndez Rodríguez, director executivo (CEO) de CIONET España e Latinoamérica así como a participación de destacados líderes dixitais que aportarán a súa experiencia e coñecemento na identificación das mellores prácticas en tecnoloxía aplicada.
Nas palabras de Bruno Méndez, “en CIONET, recoñecemos a importancia de promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os líderes de Tecnoloxía da Información en toda España. En Galicia, como en moitas outras rexións, hai un grupo talentoso de CIOs e directivos de tecnoloxía que desempeñan un papel fundamental na transformación do ecosistema empresarial galego e, por este motivo, este Foro CIOs Galicia representa o noso compromiso firme de incorporar este espazo de debate á oferta que despregamos por toda a xeografía española (Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Oviedo, Bilbao, Valencia). Incorporando a Santiago de Compostela, e no futuro outras localizacións como A Coruña e Vigo, establecemos un foro de debate en Galicia que conectará coa comunidade nacional aproveitando o potencial que nos ofrece CIONET a nivel internacional”.
E engade: “En CIONET estamos comprometidos en facilitar esta iniciativa e traballar en estreita colaboración co Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia e agradecemos enormemente o apoio da Xunta e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia na creación deste foro. Co esforzo da administración pública, o colexio profesional, a sociedade civil e as organizacións comprometidas, a través dos seus CIOs e Directivos de Tecnoloxía, aseguramos que este foro sexa un catalizador efectivo para o intercambio de coñecementos e a innovación no ámbito da tecnoloxía da información”, conclúe Bruno Méndez, director executivo (CEO) de CIONET España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?