Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto de duascentas persoas coñeceron as instalacións, laboratorios e liñas de traballo do Centro AtlanTTic
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto de duascentas persoas coñeceron as instalacións, laboratorios e liñas de traballo do Centro AtlanTTic

S. P.
Publicado: 25/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_portas_abertas__4.jpgAlumnos de varios institutos de ensino medio participaron o pasado venres en Vigo na xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic, unha actividade organizada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo (atlanTTic) co obxectivo de achegarlle a cidadanía galega as instalacións, laboratorios e principais liñas de traballo deste centro.
atlanttic_portas_abertas_5.jpg Durante a visita alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións e o equipo de traballo deste centro, participando en demostracións sobre comunicacións 5G, ópticas e vía satélite, e falando coas investigadoras e investigadores sobre proxectos como Panoramix, centrado na detección do deterioro cognitivo en persoas maiores, ou Celia, un chatbot con empatía para entreter e acompañar a persoas maiores. Familiarizáronse tamén cos sistemas de radar e xeoposicionamento; a aplicación SignaMed, que traballa no recoñecemento automático de lingua de signos para facilitar a comunicación coas persoas xordas; e Lightboard, un taboleiro de cristal luminoso para a educación dixital.
atlanttic_portas_abertas.jpg Visitas guiadas aos laboratorios Así mesmo, as persoas asistentes participaron nas visitas guiadas aos laboratorios, como o de Seguimento de satélites; o de Acústica, incluída a sala de control non-environment e a sala semi-anecoica, acondicionadas coa tecnoloxía Metadyne, material que permite absorber as ondas acústicas; e o laboratorio QOPHI, centrado na investigación e deseño de dispositivos fotónicos integrados, onde se puxeron ao día sobre a revolución que supoñen os chips que empregan esta tecnoloxía.
Durante a visita, o alumnado, principalmente da ESO, de Bacharelato Tecnolóxico e dun ciclo de FP, aproveitaron para interesarse polo labor diario das investigadoras e investigadores dun centro de investigación e como repercute o seu traballo na sociedade.
Aberto ao público pola tarde
atlanttic_portas_abertas_2.jpg A Xornada de Portas Abertas de atlanTTic continuou pola tarde coa apertura ao público xeral ás visitas. Asistiron preto dun centenar de persoas de diferentes idades que ademais de visitar os laboratorios de Seguimento de satélites e o de Acústica, tamén visitaron os diferentes stands instalados na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación onde as investigadoras e os investigadores do centro amosaron aos visitantes, como fixeron pola mañá cos estudantes, algúns dos proxectos e avances nos que están a traballar.
Desde a organización valoran de xeito moi positivo a acollida, unha edición máis, desta proposta de divulgación científica que permitiu achegar aos centros educativos, ás familias e ao resto de visitantes o traballo que desenvolve o persoal investigador de atlanTTic. Algunhas das persoas que acudiron facíano por primeira vez e outras, que xa acudirán en anos anteriores, quixeron repetir a experiencia, conseguindo alcanzar con éxito o obxectivo principal desta xornada, achegar a actividade investigadora do centro á sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?