Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra achega máis de 800.000 euros á dixitalización dos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra achega máis de 800.000 euros á dixitalización dos concellos

S. P.
Publicado: 27/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_rp1e_rafa_estevez.jpgA Deputación de Pontevedra achegará unha nova inxección económica de máis de 800.000 euros que servirán para modernizar os concellos da provincia, así como facer fronte ao desafío do reto demográfico no medio rural. Desta volta, como informou o presidente provincial, Luis López, en rolda de prensa, acaban de aprobarse os trámites para contratar a plataforma de vídeo-actas e retransmisión de plenos e o portal de transparencia para concellos de menos de 20.000 habitantes, así como para a instalación de illas ecolóxicas e dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais nos concellos que forman parte do proxecto Da túa man.
Por outra banda, a xunta de Goberno tamén aprobou as bases para seleccionar os participantes e os influencers que participarán no proxecto Hub para a loita contra a fenda dixital e a sociedade non desexada no medio rural. Segundo fixo saber o presidente da Deputación, “a nosa vontade é situar aos concellos como protagonistas. Estámolo facendo semana tras semana con feitos e con recursos”.
Vídeo-actas e retransmisión de plenos
Ao abeiro do proxecto de transformación dixital dos concellos de menos de 20.000 habitantes, do que se benefician un total de 50 concellos da provincia e conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros de fondos europeos, a Deputación deu luz verde para contratar unha plataforma de vídeo-actas e retransmisión de plenos para 36 concellos cun orzamento base de 600.000 euros. Ademais, hai uns días aprobouse a contratación do deseño e posta en marcha dun portal de transparencia para que 26 concellos da provincia poidan dispoñer dunha ferramenta que permita incrementar a transparencia municipal e mellorar a satisfacción do contribuínte, cun orzamento de 55.000 euros.
Por outra banda, aprobouse o expediente de contratación para dúas actuacións do proxecto Da túa man (rural) para o apoio do comercio en zonas rurais, que conta cunha axuda de 500.000 euros dos fondos Next Generation. En concreto, cun orzamento de 130.000 euros contrataranse as actuacións relativas á instalación de illas ecolóxicas con contedores de lixo en Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures. Ademais tamén se instalarán dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais para o fomento da economía circular e a sustentabilidade, neste caso en Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves e Rodeiro, cun orzamento de 50.000 euros.
O presidente da Deputación tamén informou dos avances no marco do proxecto Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra, que se está a desenvolver na Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña. Ao abeiro do programa vaise impartir unha formación dirixida a maiores de 50 anos para capacitalos en competencias dixitais, que poidan xerar contidos audiovisuais e facilitar as súas relacións coas administracións públicas e a alfabetización dixital. O Goberno provincial, neste senso, aprobou as bases para a selección dos participantes e dos influencers que formarán parte do mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?