Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Celanova acolle a gravación da webserie Dúas Señoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Celanova acolle a gravación da webserie Dúas Señoras

S. P.
Publicado: 27/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

webserie_celanova_duas_senoras.jpgCelanova acolle estes días a gravación dunha nova produción galega destinada ás novas canles e formatos: a webserie Dúas Señoras, filmada por un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo. Cóntanos a historia de Maruja e Balbina, dúas xubiladas que atesouran unha estreita amizade e que combinan todos os días no mesmo banco para pasar o tempo e dunha forma ou doutra sempre acaban metidas nunha aventura diferente.
A iniciativa forma parte da programación do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC23), celebrado o pasado mes de xuño na vila ourensá co apoio da Fundación Carlos Casares, a Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia.
No marco deste curso, celébrase cada ano o Taller Audiovisual Celanova, Plató de Ficción, dirixido polo profesor da UVigo Paulino Pérez. Esta actividade, eminentemente práctica, está dirixida ao alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra e ten como obxectivo a produción dunha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado.
duas_senoras_webserie_celanova.jpg O alumnado comezou neste taller o seu proxecto audiovisual, coa realización do guión e a formación do equipo. Continuando con el, esta semana están gravando en Celanova os catro capítulos de aproximadamente seis minutos que conformarán Dúas Señoras. As directoras son as estudantes Uxía Soutullo e Luján Monteiro e a produtora Alejandra Justo, participando en total 18 estudantes de cuarto curso do Grao de Comunicación Audiovisual. As dúas protagonistas son as actrices Mercedes Castro (de series como Padre Casares, Avenida América, Mareas vivas e Pratos combinados) e Ana Santos (de filmes e series como Elisa e Marcela, Fariña, Serra Moura ou A desorde que deixas).
Tras rematar as gravacións, o proxecto, ao abeiro do cal faranse tres traballos fin de grao, continuará na facultade ata ter o produto finalizado, agardando poder estrealo en xaneiro do vindeiro ano. A webserie está producida por Lostrego filmes, o proxecto de produtora do alumnado participante, e a Facultade de Comunicación da UVigo con financiamento de AGADIC e a Fundación Carlos Casares.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?