Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 56.000 familias de 13 concellos da Mariña accederon a Internet de alta velocidade desde 2018 grazas a Adamo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 56.000 familias de 13 concellos da Mariña accederon a Internet de alta velocidade desde 2018 grazas a Adamo

S. P.
Publicado: 27/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adamo_vieiro_tecnicos_despregadura.jpgA operadora Adamo fixo balance dos seus traballos despregados na Mariña de Lugo para dotar a empresas e domicilios dos núcleos rurais de Internet de alta velocidade, traballos de enxeñaria despregados dende 2018 e que, en palabras da compañía, supuxeron “un fito no desenvolvemento recente das comunicacións na provincia de Lugo”. Segundo fixo saber no seu balance, un total de 56.137 familias da Mariña accederon a fibra óptica ao longo dos últimos cinco anos. Os seus fogares atópanse en 13 dos 16 concellos que conforman a comarca, quedando, por tanto, só tres deles pendentes de instalación.
Faltan Ourol, Trabada e O Vicedo
En concreto, os 13 concellos contan xa co servizo de telefonía, da internet ultrarrápida de ata 1.000 Mbps e de TV á carta proporcionado por Adamo son Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, Xove e Viveiro. Desta maneira, Ourol, Trabada e O Vicedo están á espera de estrear a infraestrutura, o cal producirase, “de maneira progresiva, entre finais deste ano e principios de 2024”, segundo as previsións da operadora.
Loita contra o despoboamento
tecnico_adamo.jpg A compañía lembra no seu balance que “este avance nas telecomunicacións da Mariña impulsado por Adamo é un elemento clave para facer fronte ao despoboamento”. É dicir, a fibra óptica supón “un freo á marcha dos mozos que se rexistra desde hai anos en numerosos pobos galegos”, sinala a operadora, engadindo que a conexión a Internet de alta velocidade (os citados ata 1.000 Mb que fornece Adamo) permite realizar con garantías actividades hoxe habituais, como por exemplo o traballo a distancia, a educación en liña, as compras por Internet, as citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras.
Co obxectivo precisamente de dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo dispón dunha ferramenta específica: Ola, veciño! Trátase dun formulario que se pode encher na web da empresa que permite á compañía avisar ás persoas interesadas en canto a fibra chegue aos seus fogares.
Cabe lembrar que a comarca forma parte de todo un plan de expansión da compañía, que acumula máis de 87.000 vivendas cableadas en 36 concellos lucenses desde 2018. Para sufragar tal actuacións, Adamo investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregadura, mantemento e comercialización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?