Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acollerá en novembro o Talentia Summit, un foro de tecnoloxía, IA, talento local e conciliación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acollerá en novembro o Talentia Summit, un foro de tecnoloxía, IA, talento local e conciliación

S. P.
Publicado: 27/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Xabier Ferreiro e María Rozas na presentación da nova edición da feira
Xabier Ferreiro e María Rozas na presentación da nova edición da feira
O vindeiro mes de novembro terá lugar o Talentia Summit 2023 en Santiago de Compostela, dará comezo o 10 de novembro no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) cun Foro inaugural centrado na innovación tecnolóxica e na Intelixencia Artificial (IA), nos novos modelos para o desenvolvemento do talento local, e na igualdade e as políticas de conciliación.
A concelleira de Promoción Económica e Emprego, María Rozas, e o técnico do departamento de Emprego, Xabier Ferreiro, presentaban o evento este venres 27 de outubro, a xeito de antesala da Feira do emprego e do talento que se desenvolverá entre os días 13 e 17 de novembro cun formato híbrido que combinará as actividades virtuais coas presenciais no Palacio de Congresos.
Indo ao Talentia en cuestión, dicir que como en edicións anteriores, contará con dúas partes diferenciadas pero complementarias: o Foro e a Feira.
O Foro inaugural, o 10 de novembro no auditorio do CGAC, contará coa participación de expertos e expertas de diferentes perfís, vinculados ás temáticas nas que quere incidir este ano o Talentia. Para falar sobre tecnoloxía, innovación, IA e os traballos do futuro, están previstos os relatorios de Tino Fernández (presidente executivo do Grupo Altia e vicepresidente do Clúster TIC de Galicia); Ignacio Ramos (director corporativo de estratexia de persoas e infraestruturas do grupo tecnolóxico GMV); Alex Rayón Jerez (fundador e CEO de brainandcode.tech, exvicerreitor de Relacións Internacionais e Transformación Dixital da Universidade de Deusto e experto en Intelixencia Artificial); e Susana Pascual (enxeñeira, divulgadora e promotora tecnolóxica experta en disciplinas STEAM). Alén disto, e co obxectivo de promover outros talentos e visibilizar outros modelos empresariais, neste Foro inaugural intervirá de Isabel Pernas, vicepresidenta de Creativas Galegas, unha marca paraugas que reúne e impulsa a máis de 340 pequenas marcas do eido cultural e creativo galego.
talentia_summit_santiago-4.jpgPor último, e xa máis centradas na temática da conciliación e a igualdade no mercado laboral, no Foro inaugural do Talentia participarán Carmen Castro, activista feminista, economista experta en modelos de benestar e políticas europeas de xénero e confundadora de LoPERSONALesPOLÍTICO; e Anna Cabó, fundadora de LaGroc Solutions, unha consultoría que traballa fundamentalmente na elaboración de plans de igualdade, protocolos contra o acoso e xestión cultural.
María Rozas explicou que os relatorios do Foro inaugural do Talentia “foron seleccionadas pensando na súa transversalidade, porque intervirán responsables de grandes empresas tecnolóxicas que tamén teñen avanzado en materia de flexibilización do traballo e formatos híbridos para facilitar a vida persoal; mulleres de empresas innovadoras, que nos amosarán que é posible a presenza e o éxito feminino nun sector moi masculinizado, e expertas en igualdade que, ao mesmo tempo, traballan especificamente a prol do empoderamento das mulleres no sector das TIC”.
santiago_maria_rozas_talentia.jpgEn canto á Feira Talentia, vaise celebrar na semana do 13 ao 17 de novembro, cun formato híbrido no que se combinarán as actividades virtuais coas presenciais. Estas últimas terán como epicentro o Palacio de Congresos. Segundo a concelleira de Emprego está prevista a colaboración de entidades como a Cámara de Comercio ou da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, que contará con espazos para a formación presencial no marco do Talentia. O obxectivo, sinalou María Rozas, “é ofertar recursos tanto en liña como presenciais para que os e as asistentes poidan mellorar a súa marca persoal e a súa capacitación, e acceder a información e a ofertas laborais de empresas de diferentes sectores”.
Na Feira Talentia haberá presentacións de empresas, ducias de actividades formativas presenciais, e preto de 3.000 prazas en actividades formativas virtuais. Entre estas, María Rozas subliñou a colaboración coa Plataforma Linkedin Learning, “unha ferramenta de éxito internacional para o impulso profesional, na que ofertaremos 600 prazas en diferentes cursos”. Ao abeiro do Talentia tamén haberá probas oficiais para a obtención de certificacións profesionais, mentorías en liña e presenciais, e webinars con expertos e expertas de empresas tecnolóxicas. A información sobre a oferta formativa e as empresas participantes darase a coñecer na vindeira semana, e abrirase tamén a reserva das prazas gratuítas para as actividades formativas, a través da web do Talentia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?