Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponte… nas ondas! co-organiza o 6º congreso sobre experiencias innovadoras arredor do patrimonio inmaterial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponte… nas ondas! co-organiza o 6º congreso sobre experiencias innovadoras arredor do patrimonio inmaterial

S. P.
Publicado: 02/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ponte_nas_ondas_acceso-congreso-portada_gal.jpgO programa Ponte… nas ondas!, proxecto de irmandade cultural galego-portuguesa a través do formato podcast, quere estender o seu modelo de boas prácticas a máis centros e máis profesorado. Facer, en definitiva, máis comunidade arredor desta experiencia educativa que tende pontes a través do tecnolóxico. Por este motivo, co-organizará o 6º Congreso Internacional Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación que, tal e como destacou Santiago Veloso, presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, “traerá primeiras figuras do patrimonio mundial” a Ourense para a reflexión, o intercambio e o debate este próximo mes de novembro.
A Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense acollerá os días 16, 17 e 18 de novembro o evento, que ten por lema Ponte entre escola e sociedade. O encontro está organizado pola Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo; polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo da Deputación de Ourense; por Ponte…nas Ondas! e pola Universidade Trás-Os-Montes e Alto Douro (UTAD), en colaboración con outras entidades, universidades e organizacións.
O portavoz de PNO!, Santiago Veloso, salientou que “esta vontade de mostrar as experiencias de integración do patrimonio inmaterial na escola terá un exemplo concreto coa presenza de case medio milleiro de rapaces e rapazas de centros da eurorrexión atendendo á entrega de premios do certame As imaxes do patrimonio convocado anualmente pola asociación”. E engadiu: “Desde a propia ilustración do cartel, simbolízase esa ponte entre a escola e a sociedade, que é o que vimos facendo humildemente desde PNO! desde hai anos, dinamizando, coa radio e as novas tecnoloxías, o patrimonio inmaterial desde a comunidade educativa, e integrando ese patrimonio no interior das aulas”.
presentacion-congreso-patrimonio-web-2.jpg PNO! como motor e axente dinamizador do Congreso
A presentación do Congreso, que acollerá o Campus de Ourense os días 16, 17 e 18 de novembro, realizouse esta semana no Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo da Deputación de Ourense. A conferencia de prensa abriu coa intervención do vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, quen destacou o papel de PNO! como “o motor e axente dinamizador do Congreso”.
Seguidamente, a directora xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Educación da Xunta, Mª del Carmen Martínez Insua, recordou a recente inscrición, en decembro de 2022, de PNO! no Rexistro das Boas Prácticas da UNESCO. Un recoñecemento “a moitos anos traballando en prol do patrimonio inmaterial e establecendo un vínculo de coñecemento e transmisión do patrimonio inmaterial nas dúas marxes da fronteira a través dos centros educativos, implicando a familias, alumnado, profesorado e moita xente, para preservar e conservar o patrimonio cultural que nos une a ambos os dous lados”, dixo a representante da Xunta.
Pola súa banda, o decano da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid, destacou “a fonte inesgotable de Patrimonio Cultural Inmaterial que ten Ourense coa raia portuguesa”. E engadiu: “Estes congresos intentan poñer en valor a capacidade da sociedade de crear e manter esa cultura, e transmitila, onde é clave o traballo de PNO!, movendo ese traballo ás xeracións máis novas”.
E en representación da outra institución co-organizadora, a Universidade Trás-Os-Montes e Alto Douro, o profesor Xerardo Pereiro, falou da perspectiva multidisciplinar deste congreso, que, indicou “vai ter un impacto na sociedade, con oradores de primeiro nivel, cun impacto académico”, e tamén servirá para “para involucrar e incluír, formal e informalmente o modelo de PNO! e a importancia da relación do patrimonio cultural inmaterial e a educación, é dicir, formar os nosos futuros docentes, que son áncora da sociedade, figuras importantísimas para o futuro da nosa sociedade no ámbito do patrimonio inmaterial galego-portugués, tamén nunha perspectiva multicultural”.
Xerardo Pereiro avanzou que o Congreso servirá de encontro para a creación dunha rede de experiencias no ámbito do Patrimonio Cultural Inmaterial á que están convidadas case un cento de entidades (museos, asociacións, etc) dos concellos da “raia”, co obxectivo de que “a xente se coñeza, intercambien experiencias, se realicen formacións e, en definitiva, sexa útil para a sociedade”. Lembrou tamén que se presentará o avanzado proxecto de creación dun Centro do Patrimonio Cultural Inmaterial na alfándega de Valença do Minho.
Podemos consultar a información e o programa do congreso na web de PNO.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?