Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As profesións TIC, entre as máis demandadas na Feira de Emprego da Cámara da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As profesións TIC, entre as máis demandadas na Feira de Emprego da Cámara da Coruña

S. P.
Publicado: 07/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

camara_comercio_coruna_feira_emprego.jpgNa mañá deste martes 7 de novembro celebrouse en PALEXCO a XIV edición da Feira de Emprego da Cámara, na que participaron 500 mozos e 70 empresas con preto de 300 procesos de selección abertos. Como resultado realizáronse unhas 2.000 entrevistas de emprego.
No acto de inauguración participaron Elena Rivo, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e Antonio Couceiro, presidente da Cámara da Coruña. Para Antonio Couceiro, “a Cámara está moi implicada coa recuperación económica en xeral e do emprego en particular, moi especialmente entre a mocidade, os profesionais do futuro”.
Pola súa banda parte, Elena Rivo, puxo en valor iniciativas que o seu departamento revalidará en 2024 como o programa Investigo ou Talento 30 cos que quere mellorar a empregabilidade xuvenil no eido da Investigación e o Desenvolvemento (I+D) e garantir prácticas profesionais aos máis novos. Animou así mesmo a aproveitar a oportunidade que brindará a nova bolsa de substitución de negocios que estreará o ano que vén a Consellería.
Postos máis demandados
camara_comercio_coruna_feira_emprego_palexco.jpg O que máis buscan as empresas da Coruña son tecnólogos, enxeñeiros, electricistas, técnicos de mantemento, frigoristas, persoal de comercio, persoal de entidades financeiras, persoal para as Forzas Armadas, soldadores, carpinteiros, persoal para o sector de loxística ou da hostalería, entre outros.
Obradoiros de empregabilidade
No transcurso da mañá, a mocidade participante puido asistir tamén a obradoiros nos que se abordaron estratexias útiles para participar en procesos de selección.
Empresas participantes
As candidatas e candidatos tiveron ocasión de presentar os seus currículos e entrevistarse cos responsables de Recursos Humanos destas compañías que, en total, sumaron preto de 300 ofertas de emprego activas en sectores como o de alimentación, metal, comercio, servizos, sanitario ou tecnolóxico (TIC), entre outros. O sector TIC contou cunha ampla representación, por exemplo a través de CIE, Disashop, Tecdesoft, Texas Controls ou a consultora tecnolóxica Nunegal, entre outras.
camara_comercio_coruna_feira_emprego_palexco_2.jpg En total, as empresas que xa confirmaron a súa participación nesta edición son: Abanca, Aena, APECCO, Applus, Arba Enerxía, Arce Clima, Areté, ASEB (Asociación de Empresarios de Bergondo), Carrefour, CIE Tecnoloxías, Citanias, Clece (Grupo Clece), Disashop, Domusvi, Ecomt (Grupo Abeirar), El Corte Inglés, EOS Spain, Flying Tiger, FUAC (Fundación Universidade da Coruña), Fundación Equipo Humano, Fundación NARU, Gadisa, Genesal Energy, Gi Group, GOC Consultoría e Enxeñería, Greenalia, Grupo Aluman, Grupo Calvo, Grupo Clave, Grupo Eulen, Grupo Eulen-Flexiplan, Grupo Externa, Grupo Gasthof, Grupo Gestán, Grupo Inverdama, Grupo Konecta, Grupo Malasa, Grupo Soledad, Horta Coslada, Iman Temporing, Incoga, Insere Fundación ONCE, Instra Enxeñeiros (Grupo Abeirar), Integra Cee, Inusual, Xoierías José Luis, Leroy Merlin, LN Consultores, Luckia, Ministerio de Defensa, Norconsulting Recruitment, Nordés Ancín (Grupo Abeirar), Nortempo, Northius, Nunegal Consulting, Osmos, Pacto ETT, Recambios Barreiro, Repsol, Samaín (Grupo Clece), Santa Lucía, Synergie ETT, Tecdesoft, Temporing, Texas Controls, Vegalsa -Eroski e Zemsania.
A Feira de Emprego do PICE enmárcase no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil do Ministerio de Traballo e Economía Social e está cofinanciada pola Unión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?