Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mario Pansero (UVigo) fala da importancia da reflexión ética do alumnado nunha charla en Enxeñaría Aeronáutica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mario Pansero (UVigo) fala da importancia da reflexión ética do alumnado nunha charla en Enxeñaría Aeronáutica

S. P.
Publicado: 08/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_pansero_mario_mpa4.jpgFoi este pasado luns, 6 de novembro, cando tivo lugar na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense o seu ciclo de charlas divulgativas Foro Aero coa conferencia Innovación sen crecemento: ciencia, tecnoloxía e innovación nunha era pos-crecemento. A dita conferencia era protagonizada por Mario Pansera, director do grupo Post-growth Innovation Lab da Universidade de Vigo e profesor Oportunius GAIN-Xunta de Galicia.
O relatorio, celebrado no edificio Politécnico de Ourense, foi presentado polo profesor da escola Diego Carou, que puxo en valor a importancia da reflexión crítica e a perspectiva ética no eido científico e tecnolóxico. El foi o encargado de presentar ao relator, responsable do Post-Growth Innovation Lab, con sede no campus de Pontevedra, beneficiario dunha axuda Starting Grant do Consello Europeo de Investigación e no que se desenvolven proxectos europeos como JUST2CE e Prospera (Prospering without growth: Science, Technology and Innovation). Este último, financiado polo Consello Europeo de Investigación (ERC), ten como obxectivo responder á pregunta de como poderían funcionar as organizacións nun sistema que non se basee nun crecemento sen fin e foi o protagonista da conferencia de Pansera.
Indo ao miolo da charla de Pansera, o investigador quixo “criticar o concepto mainstream ou convencional de innovación, tentar amosar cales son os danos que a tecnoloxía pode provocar se non está gobernada democraticamente e dar algunhas ideas de como podería ser o proceso de desenvolvemento tecnolóxico nun mundo que xa non estea obsesionado co crecemento económico”. Na era pos-crecemento trátase, apuntou, de “enfocarse nas persoas, nas súas necesidades básicas, no coidado do medio ambiente, etc”, de “imaxinar unha sociedade que non precisa medrar para mellorar o nivel de vida”.
Mario Pansera sinalou que “os graos técnicos e o seu alumnado desafortunadamente non teñen unha formación que teña que ver coa ética da tecnoloxía, coa reflexión sobre os danos que pode facer a tecnoloxía e como remedialos, como pensar e anticiparse a eses danos e ás consecuencias negativas das tecnoloxía”. Porén, dixo, “eu creo que todas as facultades de enxeñaría e de ciencia en xeral deberían ter cando menos unha introdución ao que é a ética da ciencia e como poder innovar de xeito responsable”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?