Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Qubiotech implanta o seu software de IA nos centros de radiodiagnóstico da Comunidad de Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Qubiotech implanta o seu software de IA nos centros de radiodiagnóstico da Comunidad de Madrid

S. P.
Publicado: 16/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sede_de_quibiotech_en_a_coruna.jpgA firma biotecnolóxica galega Qubiotech Health Intelligence, con sede na Coruña e dedicada ao desenvolvemento e comercialización de software para mellorar o diagnóstico de doenzas neurodexenerativas a través do procesamento avanzado de imaxes, implantará a súa plataforma Neurocloud nos centros da Unidade Central de Radiodiagnóstico (UCR), compañía pública dependente da Consellería de Sanidade da Comunidad de Madrid que agrupa seis grandes infraestruturas en diferentes localidades.
A UCR xa puxo en marcha unha proba piloto para a implantación de software asistido por Intelixencia Artificial (IA) de análise de imaxes de cerebro con Qubiotech, socia da Agrupación industrial Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e creada no Grupo de Imaxe Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.
A proba piloto poñerá en marcha e valorará a plataforma de servizos dixitais Neurocloud, ferramenta que, segundo informan dende Qubiotech, “permitirá mellorar o diagnóstico precoz e o seguimento preciso de pacientes con enfermidades neuroxenerativas como a esclerose múltiple ou
demencias, entre outras, mediante a cuantificación de biomarcadores de imaxe que homoxeneizarán e axudarán a estandarizar a información obtida a través destas probas”.
equipo_de_qubiotech.jpg Dende a spin-off galega engaden que “por vez primeira un anel radiolóxico, integrado neste caso por seis centros hospitalarios interconectados, compartirá os datos obtidos a través de Neurocloud”.
Os responsables de neurorradioloxía, xestores dos hospitais e o equipo de Qubiotech mantiveron encontros para a posta en marcha do proxecto. Os directivos da compañía explicaron como se integra Neurocloud no traballo diario do persoal sanitario e como mellorará a eficiencia operativa. A ferramenta facilita a obtención de datos obxectivos e axiliza o fluxo de traballo na análise desta información.
O director técnico da UCR, Álvaro Paniagua, explica que “o acordo con Qubiotech supón un avance máis na integración de ferramentas de IA no diagnóstico”. Na súa opinión, “permitirá unha valoración máis obxectiva e precisas dos pacientes e mellorar a avaliación inicial e o seguimento da esclerose múltiple, axudando ao radiólogo na detección e seguimento de lesións”.
Pola súa banda, Manuel Muñoz, director de Márketing de Qubiotech, destaca que “a integración da plataforma Neurocloud no UCR supón unha experiencia que achega información valiosa nunha contorna interconectada co obxectivo de mellorar e facilitar non só a análise de probas de imaxe, se non a posibilidade de compartir información entre os equipos multidisciplinares de persoal sanitario”.
Outro dos obxectivos deste proxecto é “facer realidade nos centros da Comunidade de Madrid a implantación de ferramentas de IA que permiten normalizar e optimizar tanto resultados como fluxo de traballo, a que vez que se adaptan a necesidades específicas do sistema de saúde e de organización nunha contorna multicentro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?