Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra, distinguida pola súa accesibilidade en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra, distinguida pola súa accesibilidade en liña

S. P.
Publicado: 20/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sede_electronica_deputacion_de_pontevedra-2.jpgA Deputación de Pontevedra vén de ver recoñecida a accesibilidade do seu portal web institucional e a súa sede electrónica, acadando respectivamente unhas puntuacións de 9,74 e 9,31 puntos sobre 10 na cuarta iteración realizada polo Observatorio de Accesibilidade Web pertencente ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Goberno de España. A revisión realizouse o pasado mes de xullo coa metodoloxía do seguimento simplificado UNE-EN 301549:2022.
Fontes da Deputación explicaron que no caso da puntuación obtida polo portal web, esta nota supón un incremento de 1,1 puntos respecto ao resultado anterior, mentres que a sede electrónica é a primeira vez que participa nesta análise. O portal institucional sitúase deste xeito na novena posición dos 750 sitios web analizados correspondentes a entidades locais,” unha importante mellora desde a posición número 58 da análise anterior”, explicou a Deputación, engadindo que caso das institucións provinciais “este recoñecemento é aínda mellor ao acadar a quinta mellor nota (11 na análise anterior), e a sede electrónica inicia a súa verificación nas posicións 42 e 8 desas mesmas categorías, respectivamente”.
Todas as páxinas analizadas do sitio web da Deputación de Pontevedra acadaron o máximo nivel de adecuación (AA). Pola súa banda a sede electrónica, con algún erro detectado en canto a accesibilidade no que xa está a traballar o persoal técnico da institución provincial, acadou tamén o nivel AA na valoración do seu conxunto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?