Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A innovación no impulso do galego será un dos eixes da XIX Xornada de Normalización Lingüística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A innovación no impulso do galego será un dos eixes da XIX Xornada de Normalización Lingüística

S. P.
Publicado: 20/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_normalizacion_linguistica.jpgA entidade Escolas Católicas Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza esta semana a décimo novena edición da súa Xornada de Normalización Lingüística, co obxectivo de “intercambiar información, experiencias e recursos didácticos en galego entre o profesorado e os membros dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos da nosa terra”. As sesións celebraranse este venres 24 novembro de 2023, en horario de 9:30 h a 14:00 h, na sede do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela).
Igual ca en edicións anteriores, no marco destas xornadas entregaranse os Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego, organizados tamén por Escolas Católicas Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e co patrocinio da editorial Rodeira-Edebé.
Esta edición da Xornada representa a primeira ocasión en que se analiza a figura elixida pola RAG para renderlle homenaxe nas Letras Galegas a partir do mes de xaneiro: neste caso concreto a poeta Luisa Villalta.
Especialmente dirixida a profesorado de galego dos noso colexios, a actividade está aberta tamén ao de centros públicos e privados. Ademais, ofrécense recursos e ferramentas tecnolóxicas para axudar a avanzar no uso e no ensino do galego, coñécense boas prácticas e distínguese algunha persoa destacada no ámbito do fomento da lingua e da cultura galegas como foi o caso, por exemplo, de Elixio Rivas, de Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade, Maria Campo ou ao Irmán Reboiras.
Programa
9.30 Inauguración. Contarase coa presenza de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura
Galega, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas.
10:00 Letras Galegas 2024. Luísa Villalta. Contarase con intervencións de Teresa Pastor Novo (docente de Lingua e Literatura e coordinadora do EDLG no IESP Eusebio da Guarda, Susana Villalta (irmá da autora) e Fuco Paz Souto, escritor.
11.00 As mulleres do Seminario de Estudos Galegos. Por Carina Fernández Faya.
11.45 Café – Encontro
12.15 Galego, redes e ensino. Eira Losada (@nubesbaixoti) e Borxa González (@orgullogalego).
13.00 Homenaxe a CB Breogán.
13.30 Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego. Patrocinados por rodeira-Edebé
14.00 Clausura. Con Pedro Navarret, violinista, luthier e restaurador do violino de Luísa Villalta por expreso desexo da familia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?