Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta reconstrúe dixitalmente o vello Portomarín e ofrece paseos virtuais pola vila
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta reconstrúe dixitalmente o vello Portomarín e ofrece paseos virtuais pola vila

S. P.
Publicado: 20/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

portomarin_galiverso_3.jpgO Goberno galego compartiu os detalles dun novo proxecto autonómico de dixitalización do patrimonio que reconstrúe e permite visitar a antiga vila de Portomarín tal como era antes de quedar asolagada polo río Miño en 1963 coa construción do encoro de Belesar.
Esta nova experiencia intégrase dentro do Galiverso na Cidade da Cultura, unha iniciativa que amosa dunha maneira diferente e aberta a riqueza histórica e natural do país mediante o uso da Realidade Virtual.
psx_20231120_163443.jpg Máis de 250 casas, as hortas, o río e edificios emblemáticos como o Hospital de Peregrinos e a igrexa de San Nicolás (que, como lembraremos, foi trasladada pedra a pedra a unha nova localización antes do asolagamento) foron recreados ao detalle en Galiverso.
O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Manuel Vila, presentou esta mañá a iniciativa no Museo Centro Gaiás, xunto co director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
Os profesores de Historia da Arte da USC e membros do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), Jesús Ángel Sánchez García e Julio Vázquez Castro; os especialistas do Centro Infográfico Avanzado de Galicia, Carlos Paz de Lorenzo e Anxo Miján Maroño, e Carlos Seijo, do estudo dixital Maxina, forman parte do persoal implicado nesta nova andaina do Galiverso.
portomarin_galiverso.jpg Manuel Vila destacou “o amplísimo traballo realizado por este equipo multidisciplinar, cen por cen galego, para traer de novo á vida o vello Portomarín, ofrecendo a posibilidade de coñecer de primeira man como era a aquela vila á beira do vello leito do río Miño”. Puxo o foco nas máis de 40.000 fotografías que José López, de Foto Pereira, realizou para documentar os traballos de traslado dos edificios e a memoria de cada unha das casas da localidade. “Estas fotografías, as entrevistas cos veciños, así como os filmes conservados na Filmoteca de Galicia foron fundamentais para reconstruír con rigor científico a arquitectura, orografía e paisaxe anegadas polas augas”, segundo explicou o profesor Jesús Ángel Sánchez García no acto.
Vila salientou tamén a expansión do Galiverso dentro do Museo Centro Gaiás como parte da súa aposta por ampliar a oferta de contidos culturais ligados á arte dixital. A experiencia pioneira de Carne y Arena, o Galiverso e a próxima aventura sensorial Hábitats. Natureza estendida, que se inaugurará en decembro, “son mostra dunha liña de traballo fundamental na que se afondará co futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia”, dixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?