Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As xornadas hubNET poñen o foco na xestión do turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As xornadas hubNET poñen o foco na xestión do turismo

S. P.
Publicado: 21/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornada_vilagarcia_hubnet_apertura.jpgVilagarcía acollía este martes 21 de novembro pola mañá unha xeira técnica inserida no Ciclo de xornadas Constrúe o teu futuro na era dixital, da iniciativa dixital hubNET, liderada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Neste encontro, encamiñado a emprendedores e pemes do sector do turismo, déronse a coñecer as últimas solucións tecnolóxicas que están a transformar a xestión neste ámbito e están a impulsar a innovación e o desenvolvemento de novos negocios neste sector en Galicia, á vez que melloran a experiencia do viaxeiro.
Na xornada, titulada Solucións tecnolóxicas para a mellora da xestión do turismo, impartida por Emilio Diez Rico (director de TI da consultora Dos Espacios), tamén compartiron os seus casos de éxito as startups Servizos Hoteleros 360 (SH360) e SuitesNature, que participan na aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, Turislab. Emilio Diez abordou as claves dos novos desenvolvementos dixitais que están a revolucionar as actividades ligadas ao turismo e á súa xestión, e que permiten avanzar cara a unha maior sustentabilidade da actividade e a optimización da experiencia do viaxeiro. Como exemplo de transformación e innovación que está a chegar da man da dixitalización, Emilio Diez aludiu ao ecosistema de empresas que forma parte de Turislab, a primeira aceleradora galega de proxectos turísticos impulsada pola Xunta de Galicia, que naceu co obxectivo de crear un ecosistema aberto e unha rede de recursos para proxectos innovadores especializados no turismo sustentable e de calidade. Entre estes proxectos, salientou os de Galicia Turistic, Servizos Hostaleiros 360 ou Suites Nature, que puideron coñecer de primeira man os asistentes a esta xornada. Entre os casos de éxito, Ramón Álvarez explicou a experiencia de Servizos Hoteleros 360 (SH360), unha consultora especializada en asesoramento e solucións para pequenas empresas hostaleiras. E seguindo coa xestión hostaleira, a solución tecnolóxica Guestin dá servizo a 70 establecementos de toda España, funcionando como unha recepción virtual que permite unha xestión totalmente a distancia do establecemento (check-in, acollida do cliente, control de acceso automáticos, información turística ao viaxeiro, pagos, tarefas de xestión, e mesmo a resposta automatizada a pequenas solicitudes habituais que pode ter o hóspede).
xornada_vilagarcia_hubnet.jpgPola súa banda, SuitesNature é unha firma que nace co obxectivo de promover un cambio no sector turístico orientado á sustentabilidade. Por iso, a solución que propón esta empresa, co soporte das novas tecnoloxías, pasa por “premiar ao viaxeiro cun novo método de pago, a tarifa sustentable, que substitúe ao pago por noite e bonifica ao viaxeiro sustentable”, segundo palabras do seu impulsor Jorge Martínez.
Engadir que o Ciclo de xornadas Constrúe o teu futuro na era dixital inclúe un total de 9 eventos, entre conferencias, seminarios e xornadas técnicas, que se celebran estes días en Vilagarcía de Arousa e Pontevedra e que están dirixidos a sectores estratéxicos en Galicia: forestal, transporte e loxística, turismo e comercio ou comercio retallista (comercio polo miúdo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?