Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Clausurado o programa tecnolóxico de emprego do Baixo Ulla, no que participaron máis de cen persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Clausurado o programa tecnolóxico de emprego do Baixo Ulla, no que participaron máis de cen persoas

S. P.
Publicado: 21/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clausura_obradoiro_emprego_rianxo_dodro.jpgO Pazo de Lestrobe, en Dodro, acolleu a semana pasada clausura do Programa Integrado de Emprego 2022/23 que agrupou nesta edición aos concellos de Padrón, Rianxo, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro. Como lembraremos, o programa foi co-financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). O obxectivo primordial foi “mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego dos concellos implicados”. A iniciativa tivo unha marcada vertente dixital. De feito, unha das súas liñas de actuación foi a formación para o desenvolvemento de competencias tecnolóxicas que favoreceran a incorporación ou reincorporación ao mercado laboral.
En segundo lugar traballouse na orientación laboral individualizada ao longo do programa. Para rematar buscouse a intermediación laboral coas empresas da contorna durante os doce meses de duración.
En todos estes procesos investíronse máis de 1.000 horas de cursos, talleres, visitas a empresas, etc.
Xornada de clausura
clausura_obradoiro_emprego_rianxo_dodro_2.jpgA xornada de clausura desenvolveuse con un formato de charla coloquio empresarial. Nela participaron o secretario territorial da Xunta de Galicia na Coruña, os alcaldes e a alcaldesa de todos os concellos da agrupación, e o persoal de recursos humanos de compañías colaboradoras co Programa, en concreto, Aluminios Cortizo S.A; Financiera Maderera S.A; SIF Servicios, S.L.; Ana Muñiz S.L., e Pousadas de Compostela S.L..
O representante da Xunta, Severino Álvarez Monteserín. destacou a importancia da implicación, tanto dos concellos como da iniciativa privada, para o éxito destas actuacións. Os rexedores, pola súa banda, puxeron en valor “o esforzo de todas as persoas participantes, así como do persoal do programa” e agradeceron “a colaboración de todas as empresas participantes, un elemento esencial no transcurso do programa”.
Nesta edición atendéronse 107 persoas de todos os concellos participantes (30 de Padrón, 27 de Rianxo, 14 de Valga, 14 de Dodro, 14 de Pontecesures e 8 de Rois), e logrouse unha porcentaxe de inserción superior ao mínimo esixido (35%), de 40 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?