Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Impulsa TIC da Deputación de Lugo vén en 2024 con 4,5 millóns de fondos europeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Impulsa TIC da Deputación de Lugo vén en 2024 con 4,5 millóns de fondos europeos

S. P.
Publicado: 21/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_211123_presentacion_orzamentos_2024.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou os orzamentos da institución provincial para o ano 2024, que superan os 116M€. No acto, acompañado de Efrén Castro, e a deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, Tomé lembrou que os orzamentos do vindeiro ano implican unha suba dun 5,32%, grazas aos investimentos que conseguiu a Deputación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que o Goberno de España ten en marcha cos fondos que logrou da Unión Europea.
Na vertente máis relacionada coa innovación e o tecnolóxico, os orzamento inclúen un firme apoio á USC vinculado ao mantemento das titulacións do Campus. Os fondos para a o ensino público sumarán preto de 3M€, un investimento que serve para manter o funcionamento do Centro de Formación Audiovisual da Deputación (segundo lembrou o presidente “o único público desta rama que hai na provincia”) e tamén para consolidar á institución provincial como “a que máis recursos aporta á Universidade pública”, sinalou.
Respecto do plan de cooperación cos 67 municipios da provincia, a partida aumenta no 2024 ata os 21,75M€, “o que significa transferirlles aproximadamente o 20% dos orzamentos provinciais seguindo criterios públicos e obxectivos, iguais para todos, e cun respecto total á autonomía municipal”, fronte, dixo, “ao raquítico 1,1% da Xunta co Fondo de Cooperación Local”.
Tomé destacou tamén o proxecto Impulsa TIC, dotado con 4,5M€ de fondos europeos, e grazas ao que a Deputación proporcionará de maneira gratuíta aos 52 concellos que decidiron adherirse servizos e equipamentos tecnolóxicos que lles permitirán avanzar na transformación dixital da administración e, polo tanto, mellorar o servizo que prestan aos veciños.
Tamén lembrou que a Deputación aforra miles de euros aos concellos prestándolles asistencia técnica cando o así requiren, en materia xurídica, urbanística, na xestión e cobro de impostos municipais, en recursos humanos ou en formación.
Ademais, a Deputación continuará co proxecto Acelera PEMES, financiado con fondos europeos, a través do que ofrece asesoramento gratuíto a pequenas e medianas empresas para modernizar e mellorar o seu negocio coa transformación dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?