Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conclúe na UVigo o programa europeo DRIVE-In, centrado en aplicacións de fotónica na automoción
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conclúe na UVigo o programa europeo DRIVE-In, centrado en aplicacións de fotónica na automoción

S. P.
Publicado: 22/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_uvigo_drivein-2-1536x1152.jpgO programa formativo europeo DRIVE-In (Integrated Photonics for the next generation of autonomous Vehicles using InP technologies), centrado en aplicacións de fotónica integrada ao servizo da automoción e liderado polo investigador do centro atlanTTic, Francisco Javier Díaz, pechou, tras catro anos de traballo, a súa actividade cunha xornada celebrada o pasado venres 17 de novembro na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do Campus de Vigo.
DRIVE-In é unha rede europea de formación de vangarda a través dun doutoramento industrial na que participan a Universidade de Vigo como socio académico e VPIphotonics GmbH (Alemaña) como socio industrial. O obxectivo era avanzar no coñecemento para aplicar a fotónica integrada na próxima xeración de vehículos autónomos empregando tecnoloxías InP (fosfuro de indio). Cun orzamento dun millón de euros, o proxecto arrancou en 2019 e converteu á UVigo “nun raro caso de éxito, ao conseguir a institución académica coordinar dúas accións ITN en anos consecutivos e na mesma disciplina tecnolóxica”. Así o explicaba o profesor Díaz cando se coñeceu a aprobación deste iniciativa, que foi unha das dez propostas mellor valoradas polos revisores dentro da súa modalidade.
Agora, tras o remate do desenvolvemento, o responsable de DRIVE-In considera que “o proxecto logrou cumprir as expectativas que tiña dende o seu inicio” e que “os seus resultados foron realmente frutíferos, xa que os estudantes estiveron traballando en diferentes proxectos de investigación dos que xurdiron dúas patentes e unha spin-off relacionada coa fabricación de semicondutores, participando tamén en diferentes formacións tanto no sector académico como no industrial”.
O proxecto pechou este venres a súa actividade cunha xornada na que participaron os tres enxeñeiros elixidos para recibir esta formación: Vahram Voskerchyan (Armenia), Yu Tian (China) e Nelson Filipe Pinto (Portugal), xunco co propio director do programa, investigador de atlanTTic e presidente de Aephos, Francisco Díaz; o profesor Francisco Soares, ex chefe científico de Fraunhofer Heinrich-Hertz-Institute; Miguel Carbonell-Valin, COO do QOPHY Lab da UVigo; Javier Fraile, catedrático da UVigo experto en comunicacións ópticas e o director executivo de Gradiant, Luis Pérez Freire.
Como dixemos, o proxecto DRIVE-In pretende fomentar a aplicación da fotónica integrada na industria automobilística mediante o desenvolvemento de novos kits de deseño de procesos (PDK) xenéricos de fosfuro de indio (InP), así como a creación de ferramentas de simulación e procedementos de modelado para o seu uso en sistemas optoelectrónicos (fotónica integrada combinada e microelectrónica). No proxecto, ademais da Universidade de Vigo, VPIphotonis e o Franhoner Institute, participan tamén o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Bright Photonics, centros especializados na tecnoloxía do automóbil e no deseño fotónico integrado, respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?