Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno levará Internet de alta velocidade a 451 familias e empresas de Brión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno levará Internet de alta velocidade a 451 familias e empresas de Brión

S. P.
Publicado: 24/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

brion_pedro_blanco_visitadelegadogoberno2.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este 24 de novembro o concello de Brión, onde supervisou, na compaña do rexedor Pablo Lago, o estado dos investimentos do Goberno na localidade, centrados en materias como a sustentabilidade enerxética ou a cobertura de banda larga. Ademais, o delegado tivo ocasión de coñecer as propostas e os proxectos nos que traballa o Goberno local e ver a maneira de impulsar desde os distintos ministerios algunha destas iniciativas.
O delegado lembrou que, en materia de transición enerxética o Goberno financiou en Brión o cambio a tecnoloxía LED da iluminación pública. Este proxecto recibiu 150.000 euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica. O cambio permitiu ao Concello diminuír o seu consumo de luz e, por conseguinte, abaratar a súa factura eléctrica.
No que respecta á dixitalización, o delegado destacou que, co apoio dos fondos do Plan de Recuperación, “que chega a todos e cada un dos concellos galegos”, o Goberno está a completar a dixitalización de Galicia. Faino con iniciativas como o Programa Único do Ministerio de Transformación Dixital, do que se beneficia Brión. En concreto, este programa permitirá levar Internet de alta velocidade a través de fibra óptica a 451 familias e empresas do municipio que ata o de agora non dispoñían deste servizo. Telefónica, que foi a adxudicataria na convocatoria de 2021, e máis Vento Rede, que levou as de 2022 e 2023 (a adxudicación desta última aínda é provisional) son as empresas encargadas de acometer estes traballos na provincia da Coruña.
O Concello de Brión tamén se beneficia dun Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Terras de Santiago, no que se integran outros nove concellos. Este proxecto, que busca potenciar os mercados gastronómicos locais; crear e promocionar novos formatos de turismo gastronómico na comarca e reforzar a oferta de turismo activo, recibe 1,3 millóns de euros do Plan de Recuperación a través do Ministerio de Industria e Turismo e contempla como accións en Brión o reforzo das sendas agrarias do municipio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?