Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC acolleu unha xornada sobre violencia de xénero, comunicación audiovisual e videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC acolleu unha xornada sobre violencia de xénero, comunicación audiovisual e videoxogos

S. P.
Publicado: 27/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

violencia_de_xenero_e_comunicacion_subdelegacion_goberno_coruna_udc_1.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a directora da Oficina de Igualdade de Xénero da UDC, Ana Neira, inauguraron este luns 27 de novembro a xornada Comunicación e Violencia de Xénero, na Facultade de Ciencias de Comunicación da UDC, dirixida a alumnas e alumnos do grado de Comunicación Audiovisual. Logo do acto inaugural da xornada, organizada pola Subdelegación e a UDC, celebrouse un relatorio a cargo de Isabel Bértolo sobre O Rol da Muller na Animación, ex alumna da facultade, que decidiu especializarse na animación en 3D e que participou en películas como Wonder Park, Paddington 2, Mowgli, Christopher Robin, Tadeo Jones 3 ou a saga X – men; e tamén en Blue and Malone, gañadora dun Goya á mellor curtametraxe de animación.
violencia_de_xenero_e_comunicacion_subdelegacion_goberno_coruna_udc_2.jpg Isabel Bértolo compartiu os micromachismos máis frecuentes que viven as mulleres no mundo da animación: mansplaining, hepeating, maninterrupting e a desvalorización do traballo da muller. Neste senso amosou datos e estatísticas relacionadas co sector da animación 3D en España e a produción audiovisual, que manifestan que “a pesar de haber máis alumnas no sector non hai igualdade de oportunidades”.
Posteriormente desenvolveuse unha mesa redonda, que foi conducida por Teresa Piñeiro, directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF), na que as participantes quixeron poñer o acento, cada unha dende o seu espazo de referencia, sobre como as mulleres se ven reflectidas nos distintos medios e soportes comunicativos, facendo especial mención ao tratamento informativo – comunicativo da violencia de xénero.
violencia_de_xenero_e_comunicacion_subdelegacion_goberno_coruna_udc_3.jpgAsí a fotoxornalista Vanessa Casteleiro salientou a necesidade de representar a historia das mulleres xa que “non esta escrita nin por mulleres nin para mulleres”, polo que é imprescindible un traballo de entender, difundir e escoitar. Tamén recalcou que o fenómeno social de alta presencia en medios está reservado para os crimes machistas máis morbosos, caendo no sensacionalismo, e mentres que das mulleres vítimas se comparte toda a súa información persoal, dos perpetradores non se sabe nada.
Pola súa banda Priscila Retamozo, creadora de contidos e produtora de programas en diverso formato (radio e vídeo) explicou como o ascenso dos discursos negacionistas recalca a necesidade da formación con perspectiva de xénero e que “non se pode comunicar de forma correcta e verídica invisibilizando á metade da poboación”.
violencia_de_xenero_e_comunicacion_subdelegacion_goberno_coruna_udc_4.jpgFinalmente a Presidenta da Asociación Mirabal, Ana Saavedra, en representación das asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero falou dos cambios mais significativos no ámbito da violencia de xénero dende a creación da asociación, e de como a comunicación arredor da violencia machista.
Esta xornada é unha actividade máis das desenvolvidas dende a Subdelegación do Goberno na Coruña con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ao igual que a campaña desenvolvida en redes sociais durante toda a semana pasada, a Subdelegación do Goberno quixo centrar ás mensaxes en achegarse á xente nova, e neste caso, as mozas e mozos da universidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?